FRUGA demanda da Conselleira do Medio Rural unha posición máis activa para cos graves problemas que se lle estan presentando o sector lácteo. @s gandeir@s galegos precisan de alguen que os defenda e lles axude a planificar o futuro e non de alguen que os este ameazando e empobrecendo constantemente
Lugo, 12 de Setembro de 2014.–De tod@s é coñecida a delicada situación na que esta entrando o sector lácteo galego nos últimos meses, e queremos supor que isto tampouco se lle escapa a sra. Conselleira. Máis agravada se cabe, co “cachondeo” que se trae a Unión Europea coas axudas polo veto ruso os produtos europeos.
Hoxe quixemos por de manifesto coma apesares da delicada situación en que se atopa o sector lácteo galego, sendo Galiza onde menos se paga polo leite @s produtor@s, os estantes das cadeas de distribución seguen a estar cheos de produtos lácteos doutros paises europeos.
Dende FRUGA demandamos que os representantes da administración deixen de ameazar @s gandeir@s e se poñan a traballar e tomar decisións polo futuro do sector. Solicitamos, máis unha vez, a intervención xa e urxente, da consellería antes do agravamento desta situación. O que debería plasmarse na creación dun “gabinete de crise do sector lácteo“ no que esten representadas todas as partes (gandeir@s, administración, empresas) e ata que se supere a actual situación provocada por un futuro sen cotas.
Despois das asembleas mantidas c@s gandeir@s e de recollidas as súas grandes preocupacións pola evolución actual e futura da situación do sector, entendemos que non se pode dilatar máis no tempo a toma de decisións e acordos que salven a actual produción láctea galega.
Por todo o mencionado solicitamos manter unha reunión coa sra. Conselleira para abordar a situación descrita en base a 3 puntos prioritarios:
1.- Negociación con Bruxelas, co fin de evitar o pagamento da multa por sobreprodución na campaña 2014-2015 nos termos en que se plantexa.
2.- Constitución dun gabinete de crise do sector lácteo para o seguimento permanente dos seus actuais e graves problemas.
3.- Planificación da comercialización da totalidade do leite producido cando desaparezan as cuotas.
e en base os seguintes temas:
• Actuar sobre os custes de produción, favorecendo a mobilidade da terra, impedindo a forestación de terras agrarias e procedendo a unha ordenación dos cultivos. Esta Consellaría ten conxelado o Banco de Terra e non está servindo para o fin que foi creado.
• Observatorio Lácteo Galego. Este instrumento tampouco está cumprindo a función de determinar os custes de produción como paso previo para establecer prezos xustos para o noso leite e que cubran eses custes.
• Interprofesional Láctea Galega, como lugar onde chegar a acordos firmes e estábeis entre as partes, contando coa presenza da produción, industrialización, comercialización e administración.
• Grupo Lácteo Galego. O 80% do leite galego é transformado por industrias de fora da Galiza e iso repercute directamente sobre o prezo que se nos paga polo noso leite.