Asembleas informativas e recollida de sinaturas exixen o arquivo da denuncia ao gandeiro compostelán por transitar pistas da parcelaria cos seus animais

Asemblea en Nemenzo.
Asemblea en Nemenzo.

Indignación e preocupación no sector por unha medida que pode sentar un mal precedente para as granxas extensivas en Compostela e na Galiza en xeral

O Concello de Compostela non diferencia entre cans e vacas

Compostela, 25 de setembro de2014.- A sanción proposta desde o Concello de Compostela a un veciño d’a Sionlla por non recoller os excrementos das súas vacas nos desplazamentos que realizan entre as leiras en que son pastoreadas está a causar unha grande alarma no sector. Gandeir@s tanto de Compostela como de concellos lindeiros, e mesmo do conxunto do País instan à FRUGA a iniciar unha campaña en defensa das práticas extensivas e do direito de gandeiros e gandeiras a facer uso das estruturas viarias criadas a fin de favorecer o acceso as terras de cultivo e de pasto. A aplicación retorta dunha normativa destinada a animais de compañia en zonas urbanas ás explotacións agrao-gandeiras é algo que, de sentar precedente, poderia extenderse a outros Concellos governados por aqueles que miran de costas e mesmo con desprecio ao noso medio rural.

Asemblea en Nemenzo

O padado venres 19 tivo lugar o primeiro destes encontros con gandeir@s na parroquia de Nemenzo. @s presentes recoñeceron estar preocupad@s polo precedente que pode supór esta medida no desenvolvimento habitual da súa actividade profisional, xa que son moitas as explotacións gandeiras que moven habitualmente os seus animais por pistas e camiños para aceder aos pastos que moitas veces distan bastante das instalacións gandeiras onde son recollidos à noite. Tod@s @s presentes coincidiron en denunciar o esquecemento e abandono ao que ten sometido o governo do PP no concello ás parroquias do rural compostelán. En todo momento amosaron a súa solidadriedade co gandeiro ameazado de sanción.

Entrega de sinaturas hoxe no Rexistro de Compostela

Na mañá de hoxe Manuel Da Cal, Coordenador da FRUGA, na compaña de veciñ@s da Sionlla, procederá à entrega do primeiro lote de sinaturas recollidas solicitando a retirada da proposta de sanción ao gandeiro compostelán.