FRUGA DEMANDA DA CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL QUE GARANTA O PAGO @S GANDEIR@S DO LEITE ENTREGADO A ALIMENTOS LÁCTEOS E AINDA NON COBRADO

Co papel activo que a XUNTA de Feijoo tivo na creación e afundimento de Alimentos Lácteos, por obra e omisión, agora non pode proceder a lavarse as maos sen máis

FRUGA esíxelle a XUNTA a creación inmediata dunha comisión de investigación sobre todo o acontecido con “Alimentos Lácteos” e o seu propio proceder en todo este escuro asunto; depurando as oportunas responsabilidades sociais, económicas e políticas, en prol da demandada transparencia

Lugo, 22 de outbro de 2014.- Dende a Federación Rural Galega – FRUGA, queremos por de manifesto a nosa posición con respecto o novo episodio de Alimentos Lácteos, vivido no dia de hoxe.

No xuízo celebrado no dia de hoxe co fin de establecer quenes foron os responsables da quebra de AALL, tanto Eugenio Montero como Arcadio López declaráronse os únicos culpables asumindo menos do 30% do regueiro de débedas que deixa esta empresa.

En primeiro lugar este episodio, é un dos tantos os que nos teñen acostumados estes dous cargos institucionais do Partido Popular, e máximos dirixentes da empresa. Non fai moito tempo unha sentenza xudicial obrigábaos a devolver os salarios cobrados indebidamente na súa etapa de copresidentes de AALL.

Resulta sorprendente e contraditoria esta postura, especialmente no que se refire a Eugenio Montero, presidente da cooperativa Arzuana, e tenente – alcalde no concello de Touro, xa que en datas pasadas dicía nunha entrevista nun medio de comunicación que a súa posición en alimentos lácteos limitábase a asignar o que lle poñían encima da mesa. Dende FRUGA facémonos as seguintes preguntas, ¿quen lle daba as ordes a este señor para asinar estes papeis?, si realmente era así como dixo na entrevista, ¿por que hoxe declara totalmente distinto?

En segundo lugar estes días estamos observando como as cooperativas matrices de Alimentos Lácteos, Arzuana e Gancobre, están a sufrir as consecuencias da nefasta actuación desta empresa, Gancobre foi liquidada, e Arzuana está a ter enormes dificultades de viabilidade que segundo palabras do seu presidente Eugenio Montero pode quebrar. Estamos a falar de dúas cooperativas cunha dilatada historia no sector lácteo galego, que como consecuencia dunha xestión fraudulenta de dirixentes do Partido Popular están a desaparecer do sector.

Igualmente, todo esta situación vai deixar na máis absoluta indefensión a moitos gandeiros e gandeiros, preto de 1000, de varias cooperativas gandeiras que formaron parte de AALL, con débedas importantes, especialmente no caso de Arzuana e Gancobre, que non lograron cobrar o leite que Alimentos Lácteos lles adebedaba.

En datas pasadas xurdían novas na prensa, de que a Planta de Pascual en Outeiro de Rei fora vendida. Dende a Federación Rural Galega esixímoslle a XUNTA que aclare a dia de hoxe a situación desta planta, se foi vendida, alugada, ou en que situación está; tendo en conta os fondos públicos que nela se levan invertido.

No mes de Xaneiro do ano 2014, FRUGA mantiña unha serie de reunións cos distintos grupos políticos que compoñen o parlamento Galego, co fin de se creara unha comisión de investigación sobre este caso, obtivemos o apoio de tódolos grupos agás o Partido Popular que se encargou de vetar esta comisión, non entendemos a constante obstrución que vemos dende o PP neste caso, gostaríanos saber cal foi o papel nesta operación de Samuel Juarez, conselleiro de Medio Rural naquel entón e hoxe delegado do Goberno, gostaríanos saber igualmente cal foi a posición de Romay Beccaría (substituto de Bárcenas á fronte da tesourería do PP).

Hoxe mais que nunca e despois dos últimos datos ofrecidos precisamos dunha comisión de investigación que clarifique todo este proceso, caia quen caia.