As Comunidades de Montes Veciñais e a Federación Rural Galega manifestaranse contra a privatización dos montes comunais que pretende a Xunta

Manuel Da Cal e Xose Alfredo Pereira, intres antes de comezar a rolda de imprensa
Manuel Da Cal e Xose Alfredo Pereira, intres antes de comezar a rolda de imprensa celebrada onte

Segundo Xosé Alfredo Pereira, Presidente da ORGCCMM, “sempre nos quixeron roubar os montes comunais a través da historia, mais tamén houbo unha resposta do pobo galego para o impedir e conseguir éxitos”

Compostela, 19 de novembro de 2014.- A manifestación convocada pola Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e a Federación Rural Galega (FRUGA) sairá este sábado 22 de novembro ás 12:00 da estación de tren de Santiago de Compostela

Ler mais

FRUGA entrevístase coa Conselleira de Medio Rural, e constata o seu desentendimento da problematica do sector lácteo

A conselleira de Medio Rural,pola contra, amosou a súa coincidencia coa FRUGA en que Galiza debe dispor dunha única OPL como instrumento de negociación

Compostela, 17 de novembro de 2014.- O pasado dia 10 de Novembro, membros da xunta directiva da Federación Rural Galega – Fruga, mantivemos unha entrevista coa conselleira de Medio Rural, entrevista solicitada en datas pasadas para abordar a crise actual que está a sufrir o sector lácteo galego, derivada da ameaza de aplicación da supertaxa

Ler mais

Non ao roubo do monte veciñal

fruga_monteManifestación nacional o sábado, 22 de novembro, em Compostela
Compostela, 13 de novembro de 2014.- Os montes veciñais en mao común ocupan 1/3 do territorio da Galiza (650.000 has). Están xestionados democraticamente por unhas 3.000 comunidades, que reunen aproximadamente uns 250.000 veciños e veciñas comuneiros/as. O monte veciñal é unha seña de identidade propia de Galiza, somente hai esta figura en Galiza e no norte de Portugal.
Na etapa franquista o monte veciñal foille roubado aos seus legitimos propietarios, os veciños e veciñas comuneiros, para ser entregado a diversas

Ler mais