Manifestación nacional o sábado, 22 de novembro, em Compostela
Compostela, 13 de novembro de 2014.- Os montes veciñais en mao común ocupan 1/3 do territorio da Galiza (650.000 has). Están xestionados democraticamente por unhas 3.000 comunidades, que reunen aproximadamente uns 250.000 veciños e veciñas comuneiros/as. O monte veciñal é unha seña de identidade propia de Galiza, somente hai esta figura en Galiza e no norte de Portugal.
Na etapa franquista o monte veciñal foille roubado aos seus legitimos propietarios, os veciños e veciñas comuneiros, para ser entregado a diversas administracións públicas. Xa nos posfranquismo procedeuse á devolución, nalgúns casos incompleta, aparecendo a figura dos consorcios e dos convenios.
Os consorcios e os convenios é un acordo entre quen ten a lexitima propiedade do monte e a administración forestal, correspondendolle a esta a xestión do mesmo. A adminstración forestal nunca presentou as contas claras e cando se ve oblida a presentalas resulta que as e os comuneiros sempre resultan debedores da administración.
A nova lei de montes de Galiza (lei 7/2012), na súa disposición transitoria novena, dí que se no mes de agosto de 2016 as comunidades que teñan os seus montes con convenios ou consorcios non pagan o saldo deudor estarán obrigadas a asinar un contrato con unha empresa forestal privada. Nesto consiste o roubo legal que prepara a Xunta de Galiza do PP.
A lei de montes do estado Español (lei 43/2003) permite a condonación das débedas dos montes coveniados ou consorciados, sempre que o titular da terra se comprometa a xestionala mediante un instrumento de xestión. Non hai ningunha razón legal, xurídica e técnica que impida condonar as débedas do monte veciñal conveniado ou consorciado.
Demandamos da Conselleria do Medio Rural e do Mar:
Condonación das falsas débedas dos montes veciñais con convenios ou consorcios.
Plan orzamentario para a posta en valor dos nosos montes. Por un monte multifuncional.
Proceder de imediato aos deslindes de todos os montes veciñais por conta da administración.
Reinvestimento diferenciado, atendendo ás condicións sociais, demográficas e economicas.
Fiscalidade propia para os montes veciñais, non ao Imposto de Sociedade. Por unha fiscalidade galega.