FRUGA entrevístase coa Conselleira de Medio Rural, e constata o seu desentendimento da problematica do sector lácteo

A conselleira de Medio Rural,pola contra, amosou a súa coincidencia coa FRUGA en que Galiza debe dispor dunha única OPL como instrumento de negociación

Compostela, 17 de novembro de 2014.- O pasado dia 10 de Novembro, membros da xunta directiva da Federación Rural Galega – Fruga, mantivemos unha entrevista coa conselleira de Medio Rural, entrevista solicitada en datas pasadas para abordar a crise actual que está a sufrir o sector lácteo galego, derivada da ameaza de aplicación da supertaxa por un lado e os baixos prezos que están percibindo os produtores, que sofren descensos de 7 céntimos de media dende o mes de marzo do presente ano.

A nosa postura foi clara con respecto  a problemática actual que sufrimos os gandeiros e gandeiras galegas, por un lado é preciso por en funcionamento órganos de carácter interprofesional destinados a establecer unhas relacións comerciais xustas, non como as actuais que con tal de manter o marxe de beneficios de industria e distribución, aplícanse baixadas de prezos os produtores, últimos no  elo da cadea alimentaria.

De ahí a posta en funcionamento de órganos como o observatorio de prezos ou a Mesa do Leite, demanda transmitida en diversas ocasión por esta organización. Xa que na actualidade co actual o sistema de contratos non serve para establecer unha negociación entre produtores e industria, limitándose  esta última a por un prezo de forma unilateral sen que as explotacións teñan nada que dicir.

A postura da conselleira de Medio Rural non coincidiu para nada coas demandas de FRUGA, limitándose a dicir, que os gandeiros tiñan que asociarse e establecer as respectivas negociacións coa industria. Segundo as teses da conselleira, a política en materia agraria e gandeira desta consellería pasa por non intervir para nada nas relacións comerciais entre produtores e industria, deixando indefenso o sector produtor en beneficio das industrias  e da distribución, e permitindo que o sector lácteo galego se regule pola lei da Selva.

Con respecto a apliación do paquete lácteo, temos que resaltar as coincidencias da conselleira de Medio Rural con FRUGA, no que respecta a consecución dunha única OPL(organización de produtores lácteos) en Galiza, tendo en conta que na actualidade Galiza ten preto do 60% das explotacións lácteas do estado español e produce mais do 40% do leite total do estado. Aínda que as discrepancias xurdiron a hora de por en marcha esta única OPL galega, xa que a conselleira limitouse a dicir que tiña que partir do propio sector, sen negan tipo de participación da propia xunta de Galicia.

Outro dos aspectos que se lle plantexou a conselleira foi as dificultades que teñen moitos gandeiros e gandeiras do país para poder aumentar a súa superficie agraria útil, asunto que derivou en parte da nova política de infraestruturas no medio rural, destinada por un lado a primar a forestación de terras agrarias, e por outro lado suprimindo órganos como o banco de terras, sen aplicar na maior parte dos casos ningún tipo de sancións contra o terreo improdutivo que existe no rural galego.

Por último, e no que respecta a un asunto de suma importancia como foi a quebra da empresa Alimentos Lácteos, na cal a Xunta de Galicia gobernada polo partido popular deseñou esta empresa a súa medida, vetando un grupo de cooperativas e pondo outras cooperativas con presidentes que curiosamente eran cargos institucionais do PP, a postura da propia conselleira foi sorprendente limitándose a dicir que despois de meter 8 millóns de euros nesta empresa, noutras empresas tamén se puxeron cartos da xunta e foron mal, culpando desta quebra os xestores de Alimentos Lácteos. Postura totalmente contraria a de FRUGA, que sempre defendeu unha investigación en profundidade desta operación, concretamente a través dunha comisión de investigación parlamentaria, e que se depuraran as responsabilidades oportunas tanto políticas como penais se as houbera.

Como conclusión podemos observar como a postura desta conselleira pasa por non facer ningún tipo de política no que o sector lácteo galego se refire, mostrando nulo interese polos actuais problemas que sufrimos os gandeiros e gandeiras galegas, e deixando que este sector se organice a súa maneira sen ningún tipo de actuación por parte do goberno.