ANTE A REFORMA DO PAQUETE LÁCTEO, FRUGA DEMANDA DO MINISTERIO FACILIDADES PARA A CREACCIÓN DE OPLs

Páx. 13 foto

 

Os baixos prezos na Galiza teñen moito que ver coa falta de capacidade   negociadora   do  sector   produtor.

 

Lugo, 13 de febreiro de 2015.– Nas próximas datas vaise proceder a aprobación de diversas medidas relacionadas coa aplicación do paquete lácteo no estado español. Como se pode comprobar esta serie de medidas teñen unha importancia crucial en Galiza, debido o peso que este sector ten no noso pais, representando mais do 60% do total das explotacións do estado español.

Ler mais

FRUGA anima a todas as persoas do rural galego a participar masivamente na manifestación convocada por Queremos Galego!

cartaza3maniqg-

FRUGA amosa o seu total apoio á manifestación a favor da lingua que ten convocada para este domingo 8 de febreiro ás 12:00 h na Alameda en Compostela a plataforma Queremos Galego, baixo o lema Polas fillas dos nosos fillos.

Facemos un chamamento a todas as persoas do rural galego para que participen nesta importante mobilización co obxectivo común de evitar que o noso idioma do país desapareza coa perda diaria de falante. As persoas do rural fomos quen de preservar e manter o alento da nosa lingua durante todos estes anos, non deixemos que morra a lingua que os nosos pais e nais, os nosos avós e avoas nos transmitiron con tanto amor e enxebreza.

Ler mais

A INCOMPETENCIA DA XUNTA DE GALIZA FAI PERDER 4,9 MILLÓNS DE EUROS AO RURAL GALEGO, ASÍ COMO A SÚA ESTULTICIA PROVOCA A DEVOLUCIÓN DO PDR GALEGO PARA O PERIODO 2014-2020

140705_PDR_EGAP_Santiago

A Comisión Europea devolve o PDR galego por estar cheo de asneiras e polo seu carácter antidemocrático.

 

Santiago de Compostela, 4 febreiro, 2015. – A ineptitude da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), entidade pública dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, organismo encargado de promover e coordinar o desenvolvemento rural da Galiza, ven de provocar a perda de 4,9 millóns de euros procedentes dos fondos FEADER da programación do PDR 2007-2013.

Ler mais