ANTE A REFORMA DO PAQUETE LÁCTEO, FRUGA DEMANDA DO MINISTERIO FACILIDADES PARA A CREACCIÓN DE OPLs

Páx. 13 foto

 

Os baixos prezos na Galiza teñen moito que ver coa falta de capacidade   negociadora   do  sector   produtor.

 

Lugo, 13 de febreiro de 2015.– Nas próximas datas vaise proceder a aprobación de diversas medidas relacionadas coa aplicación do paquete lácteo no estado español. Como se pode comprobar esta serie de medidas teñen unha importancia crucial en Galiza, debido o peso que este sector ten no noso pais, representando mais do 60% do total das explotacións do estado español.

Un dos aspectos que se van a regular no desenrolo do paquete, é a creación de OPL(organización de produtores de leite), co fin de poder exercer como negociadores coas empresas, a dia de hoxe existen algunhas OPLs creadas no estado español, sen saber moi ben para que serven,  pero dende logo os requisitos que imperan actualmente para poder formar estas organizacións, dificultan a súa creación, especialmente no estado español. As condicións para a creación dunha organización de produtores lácteos, son distintas en cada estado, en estados como Dinamarca ou Italia, as esixencias pasan por ter un mínimo de 5 explotacións gandeiras e un mínimo de 3000 tn, estamos a falar de estados cunha produción elevada e cun peso importante no sector lácteo europeo, pola contra no estado español esixen para poder formalizar unha organización deste tipo un mínimo de 200000 Tn, o cal xera mais dificultades para a súa creación.

Dende a Federación Rural Galega (FRUGA), demandamos do ministerio de medio ambiente rural e mariño, que os requisitos para a creación dunha OPL sexan similares a outros estados da Unión Europea, recoñecendo que no futuro as negociacións do prezo do leite van pasar por este tipo de organizacións. Para o cal tódalas explotacións deben ter as máximas facilidades para poder formar parte dunha organización de produtores de leite.

Nestes días, tamén aparecen novas sobre a suba do prezo do leite que se deu durante o ano 2014 no conxunto da UE, producíndose alzas de entorno ó 2%,  cun prezo medio de 38,03 euros/tn, con algún estado que chegou a 44,67 euros/tn como é o caso de Italia, estado  no cal existen unhas condicións que favorecen a interlocución entre gandeiros e industria. Fronte a esta situación, vemos o caso de Galiza, no cal se produciron baixas de entorno a 6 ou 7 euros/tn, co cal podemos observar como a dia de hoxe estamos a cobrar os prezos mais baixos da UE, e sen entender como as subas que se producen noutros estados non repercuten de forma directa nas explotacións galegas. Evidentemente a dia de hoxe a produción de leite neste país foi a grande esquecida do goberno galego, e unha boa parte das explotacións lácteas galegas están pasando por momentos de enormes dificultades como consecuencia dos baixos prezos que están a percibir por litro de leite.

FRUGA, sempre demandou a posta en marcha dos órganos interprofesionais que funcionaron noutras etapas, e que dende a chegada de Feijoó a presidencia da Xunta, ou desapareceron ou praticamente non se convocan, como é o caso da mesa do leite.

A dia de hoxe a Consellería de Medio Rural, debe liderar a política láctea que se vai aplicar no estado español, especialmente no que respecta a aplicación do paquete lácteo.