A AGV defende unha viticultura de calidade como único garante de rendas dignas para os e as viticultoras.
Ourense, 4 de marzo de 2015.- Logo de se reunir a Xunta Directiva da AGV no pasado fin de semana, queremos mostrar publicamente o apoio unánime de toda a Xunta Directiva a José Luís García Pando, logo da súa dimisión como presidente da D.O. Valdeorras.
A dimisión de Pando prodúcese o día 11 de Febreiro, logo que o día anterior, nun pleno de Consello Regulador, Xovenes Agricultores, Unións Agrarias e as tres Cooperativas, xunto ó silencio cómplice do Sindicato Labrego Galego, tombaran a proposta de abrir expediente ós 178 viticultores que excederon os rendementos permitidos polo regulamento da Denominación, expediente que tería que ser resolto pola Xunta de Galicia.
Desde a AGV non vemos de recibo que se poña como desculpa polo grupo de opositores a Pando que os rendementos (12000 Kg. En variedades preferentes e 14000 Kg. En variedades autorizadas) non son suficientes. De ser así o camiño seria reformar o regulamento e non imcumplilo.
A postura de Pando coincide, punto por punto, co ideario da AGV no control da produción, na defensa a ultranza dunha viticultura de calidade, como único garante dunhas rendas dignas para os viticultores. As posturas cortopracistas do “todo vale” son moi mal camiño, como se ten demostrado noutras zonas vitícolas, e só redundan na baixa de prezos da uva.
A AGV só apoiará como novo presidente da D.O. Valdeorras a alguén, que como Pando, aposte por unha viticultura de calidade e cunha xestión clara e trasparente, para así conseguir a certificación ENAC, salto necesario de calidade que Valdeorras merece e outras zonas vitícolas xa conseguiron.