II ASEMBLEA NACIONAL DE FRUGA: “O FUTURO DE GALIZA É RURAL”

Imprimir

 

O domingo 29 de marzo a partir das 10:30 h no Pazo de Feiras e exposicións de Lugo.

 

O vindeiro domingo 29 de marzo está prevista a realización da II Asemblea Nacional da Federación Rural Galega, FRUGA, no recinto do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, baixo o lema “O Futuro da Galiza é Rural”

Dará comezo a Asemblea Nacional ás 10:30 h co proceso de acreditacións, para dar iniciar o acto de presentación da Asemblea ás 11:00 h.

Nesta Asemblea Nacional iniciaremos os traballos dando conta e avaliando o traballo desenvolvido nos tres anos transcorridos dende a celebración da anterior Asemblea Nacional, que fora a primeira tras a Asemblea Fundacional.

Analizaremos como queda a nova PAC. Os retos que se presentan, a liña política que a sustenta e a determina, a problemática específica para o rural galego, e como enfrontar esa nova situación dende as nosas explotacións e dende o traballo para dotar ao rural galego de futuro.

Debateremos tamén  as liñas a desenvolver nos distintos sectores atendendo á súa problemática específica. Para iso temos preparadas tres mesas de traballo sectoriais, para os sectores pecuarios, para o mundo do viño, e para o sector da horta e da revitalización do rural, que trasladaran ás súas conclusións e propostas ao plenario da Asemblea.

Como punto final escolleremos a nova Xunta Directiva e remataremos co acto de encerramento, previsto ás 14:00h, a cargo da persoa elexida para presidir a nosa organización.

Ao final da Asemblea teremos un xantar de convívio, para o que é imprescindíbel anotarse previamente en calquera dos teléfonos dos nosos locais, ou no correo electrónico frugagaliza@gmail.com.  O prazo remata o dia 24 de marzo. Neste xantar nos dirixirán a palabra as organizacións convidadas e daremos lectura e aprobación as propostas de resolución.