FRONTE A CHANTAXE DAS INDUSTRIAS LACTEAS: INTERVENCIÓN PÚBLICA E NEGOCIACIÓN REAL.

vacas-lecheras

 

FRUGA insiste na creación inmediata dunha interprofesional láctea galega coma marco de negociación.

 

Lugo, 30 de abril de 2015.  Sete cooperativas de Lugo e A Coruña estanse vendo afectadas a día de hoxe pola decisión de duas empresas lácteas de deixar de recollerlo leite; tratase das industrias LAGASA e Logistica Alimentaria. Estas cooperativas teñen a condición de primeiros compradores, e polo tanto a súa función e vender cisternas de leite as industrias. Esta decisión serve única e exclusivamente para aplicar unha nova baixada do prezo do leite as explotacións,  o cal se materializa nunha chantaxe das industrias baixo a amenaza de deixar de recoller a súa producción. Esta situació obrigou a moitos gandeiros e gandeiras socios destas cooperativas a ter que vender o seu leite a prezos irrisorios, tendo en conta que nalgún caso non se vai chegar os 0,20 cts por litro.

Ler mais