A fórmula de pagamento por proteina permitelle a algunha industria láctea galega embolsar mais de medio millón euros ó ano.
Lugo, 5 de xuño de 2015. Actualmente a importante crise que está a sufrir o sector lácteo galego, como consecuencia da baixada de prezos, non somentes está a amenazar a supervivencia da maior parte das explotacións leiteiras galegas, senón que está sendo aproveitada por parte de varias industrias co fin de obter maiores beneficios a costa de afogar economicamente os productores de leite galegos.
Na actualidade partimos dun prezo base, asignado nos contratos lácteos que as empresas elaboran de forma unilateral, sen que o sector productor poida decir nada. Igualmente nestes contratos establecense os parámetros do leite tipo, que regulan a cobro de primas a a partir das distintas porcentaxes de materia graxa e materia proteica .
Actualmente estamos a ver o caso dalgunha empresa, que lonxe de pagar por cada centisima que sobrepasa o indice mínimo de pagamento, somentes abonan esta cuantía cando sobrepasa a primeira décima. É decir, actualmente a proteina estase a pagar por enriba dunha porcentaxe do 3,20%. As industrias deberían pagar a partir da primeira centisima que sobrepasara esta porcentaxe, neste caso a partir dunha porcentaxe do 3,21%. En cambio agora existe algunha industria que está a pagar somentes cando chega o 3,30, esta a pagar somentes cando se supera a primeira décima. Esta practica supón un beneficio ecónomico 500.000 euros anuales para algunha empresa galega, beneficio que obten cunha serie de prácticas que somentes levan consigo unha nova baixa de prezos para os productores.
Igualmente podemos observar como xa existe algunha industria, que non vai abonar nengún tipo de cuantía por superar o porcentaxe mínimo de proteina. Esta práctica somentes vai beneficiar o séctor industrial, debido a que a industria en cuestión non vai ter que facer fronte a nengún tipo de prima a maiores por pagamento de materia proteica.
En materia de prezos, os abusos da industria chegan nalgún caso, a pagar prezos de 0,17 euros, prezos que baixo nengún concepto cubren os custes de producción, e supoñen importantes perdas para as explotacións leiteiras galegas.
Toda esta serie de prácticas abusivas por parte da industria, producense nun momento de indefensión total dos gandeiros galegos, non existe nengún tipo de organo interprofesional capaz de establecer unhas relacións comerciales xustas entre a industria e os gandeiros.
Dende a Federación Rural Galega, voltamos a defender unha intervención urxente por parte da administración, non pode seguir reinando neste séctor a lei da selva. A conselleira limitase a facer fotos, e parece que non sabe que cada mes as perdas nas explotacións leiteiras galegas van a mais, e o presidente da Xunta para estar mais preocupado doutras facetas partidarias, deixando o sector lácteo nunha situación extrema.