A PLATAFORMA POLA DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO GALEGO INICIAMOS MAÑÁ SÁBADO 1 DE AGOSTO EN SANTA COMBA UN INTENSO CALENDARIO DE PROTESTAS

santa comba

 

A Plataforma, da que forma parte activa a FRUGA, nace co obxectivo de dar unha resposta social ante a grave crise que a travesa o sector leiteiro galego, así como mobilizar e sensibilizar a poboación dos graves problemas que atravesa o sector.

 

A Plataforma pola defensa do sector lácteo galego iniciará este sábado, 1 de agosto, en Santa Comba, un intenso calendario de mobilizacións a desenvolver nas principais comarcas produtoras do país, que culminarán no mes de setembro cunha gran marcha en Compostela.

Ler mais

A FRUGA FAI UN CHAMAMENTO A TODA A POBOACIÓN DO RURAL E EN ESPECIAL A TODA A SÚA AFILIACIÓN PARA QUE PARTICIPE MASIVAMENTE ESTE 25 DE XULLO NA MANIFESTACIÓN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA CELEBRAR O DÍA DA PATRIA GALEGA

5016013_orig

 

A FRUGA como todos os anos vai estar presente na manifestación que se celebrar o 25 de xullo para conmemorar e reivindicar o día da Patria Galega.

 

O rural galego xa hai moitos anos que ven padecendo unha grave crise, sendo a mostra mais evidente da mesma a constante perda de poboación, o que hoxe se dá en chamar a crise demográfica galega, mas esta crise demográfica o que reflicte é a falta de alternativas económicas por parte do goberno galego. É significativo que as maiores perdas de poboación se dan no entorno rural; por algo será.

Ler mais

FRUGA CHAMA Á PARTICIPACIÓN NA MANIFESTACIÓN DO VENRES DÍA 17 PARA FORZAR Á XUNTA E AO MINISTERIO A POSTA EN MARCHA INMEDIATA DE MEDIDAS QUE ATENÚEN E CORRIXAN A GRAVE SITUACIÓN ACTUAL DO SÉCTOR LÁCTEO GALEGO

Boletín 1

 

A Federación Rural Galega apoia, dentro da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego, o inicio dun programa de medidas de presión e de reunións de negociación que permitan atenÚar e corrixir de xeito inmediato os graves problemas de recollida, prezos e contratos lixo que están a padecer as explotacións lácteas galegas.

 

Mercores, 15 de xullo de 2015.  A Federación Rural Galega (FRUGA), participará dentro da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego, neste primeiro acto reivindicativo do conxunto do Sector Lácteo Galego; o cal enmarcamos nun programa máis amplo de mobilizacións e negociacións que permitan chegar de xeito inmediato a solucións. A manifestación sairá as 12:00 h. dende Salgueiriños en Compostela.

Ler mais

DESDE FRUGA PEDIMOS A DIMISIÓN DA CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL E MAR

conselleira-rosa-quintana--644x362

 

Pola súa absoluta nulidade na acción de goberno e o dano irreparábel que lle está a ocasionar ao séctor lácteo galego

 

Lugo, 13 de xullo de 2015.  En datas pasadas a Conselleira do Medio Rural e do Mar, mantiña unha xuntanza con diversas organizacións agrarias, co fin de tratar de buscar solucións a difícil situación que vive a día de hoxe o séctor lácteo galego. Segundo palabras da propia conselleira existen preto de 3000 gandeiros que cobrán o leite por debaixo de 0,20 euros litro. O cal significa que estas explotacións sufren importantes perdas derivadas da producción de leite. Igualmente podemos observar como temos un prezo medio moi por debaixo dos custes de producción.

Ler mais