FRUGA CHAMA Á PARTICIPACIÓN NA MANIFESTACIÓN DO VENRES DÍA 17 PARA FORZAR Á XUNTA E AO MINISTERIO A POSTA EN MARCHA INMEDIATA DE MEDIDAS QUE ATENÚEN E CORRIXAN A GRAVE SITUACIÓN ACTUAL DO SÉCTOR LÁCTEO GALEGO

Boletín 1

 

A Federación Rural Galega apoia, dentro da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego, o inicio dun programa de medidas de presión e de reunións de negociación que permitan atenÚar e corrixir de xeito inmediato os graves problemas de recollida, prezos e contratos lixo que están a padecer as explotacións lácteas galegas.

 

Mercores, 15 de xullo de 2015.  A Federación Rural Galega (FRUGA), participará dentro da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego, neste primeiro acto reivindicativo do conxunto do Sector Lácteo Galego; o cal enmarcamos nun programa máis amplo de mobilizacións e negociacións que permitan chegar de xeito inmediato a solucións. A manifestación sairá as 12:00 h. dende Salgueiriños en Compostela.

A gravidade da situación do sector na actualidade non permite máis demoras nin estar a expensas de determinados protagonismos. Precisase unha resposta social conxunta do sector na demanda de solucións económicas e sociais que permitan a súa supervivencia.

A FRUGA chama a participación d@s produtor@s e do conxunto da sociedade das comarcas leiteiras para demandar que se garanta a recollida do 100 % do leite galego e que se faga a uns prezos dignos. Traballo que corresponde á XUNTA e ó MINISTERIO sacar adiante xa; pois a pesares dos avisos que se lles viñeron dando nestes últimos anos, non adoptaron nin unha soa medida que impedise chegar a esta situación.