O MINISTERIO DE AGRICULTURA PROLONGA A AGONÍA DO SECTOR LÁCTEO GALEGO E A XUNTA DE GALIZA SEGUE DESENTENDENDOSE DO SECTOR

 

 

 

 

 

 

unnamed

Mentres outros gobernos autonomicos defenden o seu sector lácteo a XUNTA fai deixación de funcións e encomendase @s sant@s que dirixe o ministerio de agricultura.

 

Lugo, 19 de agosto de 2015. Dende FRUGA valoramos coma moi frustrante a reunión sobre o sector lácteo celebrada onte a tarde no ministerio de agricultura. O sector lácteo galego non pode agardar máis tempo a que as diferentes administracións tomen decisións. Ou se dan pasos inmediatamente para ir camiñando cara a unha solución ou elas seran as únicas responsables da evolución da contundencia das mobilizacións d@s gandeir@s e do avance no desmantelamento do sector lacteo galego.

Ler mais

• A PLATAFORMA POLA DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO GALEGO REUNIUSE COAS ORGANIZACIÓNS AGRARIAS DA COMARCA DO DEZA PARA ANALIZAR A GRAN MOBILIZACIÓN DO 1 DE AGOSTO EN S. COMBA E POÑER A PUNTO AS PRÓXIMAS CONVOCATORIAS DE MOBILIZACIÓN

CHANTADA2

 

A Plataforma pola defensa do sector lácteo galego reuniuse o martes, 4 de agosto, ás 11 horas na sala de prensa do Concello de Lalín para concretar o desenvolvemento das movilizacións do pasado 1 de agosto e futuras.    

 

       

Na reunión analizóuse o rotundo éxito da mobilización de S. Comba a pesar da péxima cobertura feita nos medios de comunicación.

O resultado da cobertura mediática estaba perfectamente previsto, e o formato escollido de mobilizacións forma parte desa previsión.

No nos queda outro remedio que seguir loitando e pouco a pouco ir moendo as dificultades que nos presentan os medios e a propia administración para chegar ós nosos obxectivos.

O formato quedou claro que era o correcto e temos que mobilizarr do mesmo xeito a tódalas comarcas.

Ler mais

FRUGA DENUNCIA QUE O PP DE FEIJOO E O SEU GOBERNO SON UNHA AMEAZA PARA O LÁCTEO GALEGO.

11728784_845502512166046_6967882387947256532_o

 

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2015. O sector produtor de leite da Galiza levamos varios meses sendo vítima dunha prolongada crise. Crise de prezos que ven de ben tempo atrás cando na Galiza xa hai moito tempo se cobra o leite mais baixo que en ningunha zona do Estado español, sendo o prezo medio do Estado dos mais baixos da UE.

Ler mais