A Plataforma pola defensa do sector lácteo galego reuniuse o martes, 4 de agosto, ás 11 horas na sala de prensa do Concello de Lalín para concretar o desenvolvemento das movilizacións do pasado 1 de agosto e futuras.
Na reunión analizóuse o rotundo éxito da mobilización de S. Comba a pesar da péxima cobertura feita nos medios de comunicación.
O resultado da cobertura mediática estaba perfectamente previsto, e o formato escollido de mobilizacións forma parte desa previsión.
No nos queda outro remedio que seguir loitando e pouco a pouco ir moendo as dificultades que nos presentan os medios e a propia administración para chegar ós nosos obxectivos.
O formato quedou claro que era o correcto e temos que mobilizarr do mesmo xeito a tódalas comarcas.
A mobilización de Chantada quedou perfectamente definida na reunión comarcal e matizamos de facer un especial esforzo en concienciar ós colectivos empresariais e comerciais, valorando moi positivamente o compromiso visto por parte dos alcaldes.
A tractorada do Deza quedou coa seguinte proposta:
– Xuntanza o dia 11 na Semana Verde cunha pancarta
– Saída de tractores o 12 ás 11 horas dos concellos de Silleda, Vila de cruces, Rodeiro, A Golada e Dozón para Lalín e concentración nos centros comerciais de Eroski e Pontiñas
– Manifestación a pé saindo da praza da Marina até a praza da igrexa, lendo un manifestó ás 13:30.
Engadíuse unha nova mobilización en Arzúa promovida por un grupo de gandeiros que lle parecía que a proposta de Curtis era moi tarde; a proposta consensuada foi:
– Concentración de tractores no polígono de Arzúa ás 11 horas do dia 10 de agosto.
– Saída para Melide, dando a volta na Cooperativa melisanto.
– Concentración diante do Concello de Melide con lida de manifesto.
– Volta para Arzúa, con concentración na cooperativa arzuana e manifestación a pé até o Concello de Arzúa con lida de manifesto.
Con estas propostas as mobilizacións e reunión previas quedan:
– 6 de agosto Chantada
– 10 de agosto Arzúa
– 11 de agosto, reunión preparatoria de Vilalba-Meira en Meira
– 12 de agosto Silleda-Lalín
– 18 de agosto, reunión preparatoria de Sarria
– 20 de agosto Vilalba-Meira
– 25 de agosto, reunión preparatoria de Curtis
– 27 de agosto Sarria
As mobilizaións previstas para Curtis e gran tractorada sobre Santiago quedan pendentes para adiantalas ó 1 de setembro.
A plataforma quere pedir a tódolos colectivos implicados que, dado o intenso número de reunión de traballo pendentes, e para concentrar esforzos, comuniquen todas as iniciativas para que o resultado sex amáis eficaz.
Os comercios pecharán en tódolos concellos de 12 a 14 horas.
Pedimos que trasmitades este comunicado a todos os colectivos destes concellos ou mesmo nos facilitedes os contactos a calquera membro da plataforma.