Mentres outros gobernos autonomicos defenden o seu sector lácteo a XUNTA fai deixación de funcións e encomendase @s sant@s que dirixe o ministerio de agricultura.
Lugo, 19 de agosto de 2015. Dende FRUGA valoramos coma moi frustrante a reunión sobre o sector lácteo celebrada onte a tarde no ministerio de agricultura. O sector lácteo galego non pode agardar máis tempo a que as diferentes administracións tomen decisións. Ou se dan pasos inmediatamente para ir camiñando cara a unha solución ou elas seran as únicas responsables da evolución da contundencia das mobilizacións d@s gandeir@s e do avance no desmantelamento do sector lacteo galego.
Todo parece indicar que o ministerio esta máis preocupado pola subida do IPC que por que @s gadeir@s galeg@s perciban uns ingresos dignos polo seu traballo. Non sendo sequera capaz de copiar a solución aportada polos franceses, decide apostar por afundir máis o sector con chivatazos e consultas a Bruxelas.
FRUGA demanda a implicación real do goberno da XUNTA, co seu presidente a fronte, na defensa deste sector primario extratexico para a Galiza. É hora de deixarse de boas intencións e de bonitas verbas, e de escomenzar a recuperar os órganos de interlocución entre os diferentes actores do sector (que a actual XUNTA se encargou de desmantelar), e de tomar decisións de goberno que defendan o sector e lle den un proxecto de futuro. De non ser asi, pediremos no marco da Plataforma en Defensa do Sector Lacteo Galego que se incremente a contundencia das mobilizacións programadas ata acadar un cambio de postura das administracións e dos outros axentes do sector implicados (distribución e industria).
FRUGA fai un chamamento @s gandeir@s galeg@s a acudir e participar activamente nas mobilizacións convocadas pola Plataforma en Defensa do Sector Lacteo Galego (o día 21 en Ordes, e o día 25 en Sarria), coma aviso os axentes do sector e as administracións de que non imos consentir o incremento das chantaxes que semana a semana se nos transmite con novas propostas de contratos inasumibles