MOBILIZACIÓN-TRACTORADA EN LUGO O VINDEIRO DÍA 3 DE SETEMBRO

unnamed

 

Desenvolveuse no salón de actos do edificio sindical a reunión aberta da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego para ir concretando a mobilización – tractorada que se vai levar adiante o vindeiro día 3 de setembro de 2015.

 

Contémplase concentrar os tractores nas inmediacións do campo de fútbol do Anxo Carro e do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo para de seguido subir ata a Avenida da Coruña e acceder a Ronda da Muralla; onde permaneceran os tractores ata a entrada da tarde. As 13:00 horas concentrarase a xente na explanada do edificio da XUNTA para iniciar unha concentración-manifestación na que se procederá a lectura do manifesto da Plataforma e ao seu rexistro na XUNTA, xunto cunha petición de reunión inmediata da plataforma co presidente da XUNTA e a conselleira de Medio Rural antes da reunión de Bruxelas do día 7 e de Madrid do día 10.

A Plataforma pediu, e recibiu, hoxe o apoio dos concellos, cooperativas, entidades e organizacións, … sociais, políticas ou relacionadas co sector, para que a mobilización do día 3 saia adiante coa contundencia necesaria para que os diferentes gobernos e administracións tomen nota da gravidade do problema en empecen de xeito inmediato a por os medios e as medidas que permitan darlle solución xa. Empezando polo Goberno Galego e a constitución dunha mesa de negociación oficial e formal na que as catro partes (gandeir@s, empresas, distribución, goberno) teñan que chegar a acordos xustos e dignos, si ou si, nun curto prazo de tempo.

Dende a Plataforma facemos un chamamento a participación d@s gandeir@s e da sociedade en xeral nesta gran mobilización do día 3, e a que se vaian organizado en contacto coas organizacións agrarias, cooperativas e concellos para acudir cos tractores e estar presentes dito día na concentración-manifestación diante da XUNTA en Lugo.