As mobilizacións destes días en Lugo, coas que se avanzou pouco pero non se perdeu nada, foron un paso máis cara adiante na contundencia das mobilizacións programadas dende a Plataforma en Defensa do Sector Lacteo.
Lugo, 06 de setembro de 2015. Dende FRUGA apostamos por continuar coa unidade de acción lanzada dende a Plataforma en Defensa do Sector Lacteo Galego e con manter unidos a todos os que teñen que ver co futuro do sector lacteo. Nesta loita non sobra naide; nin naide pode considerarse máis que naide.
Consideramos fundamental petar na porta XUNTA que e quen ten que por en marcha os mecanismos necesarios para chegar as solucións que precisa o sector. Xa que a Conselleira de Medio Rural é incapaz de avanzar nas solucións, o Presidente da xunta debe porse a fronte na defensa do sector lacteo galego e forzar que esas solucións cheguen xa. O prezo do leite galego debe voltar de inmediato a ser un prezo xusto e digno.
As mobilizacións de Santiago son un novo paso nas medidas de presión a seguer. Pasos que poden considerarse lentos por algúns, pero necesarios para recabar apoios cos que presionar a todos os que teñen que implicarse nas solucións: administración, distribución, industrias,….