FRUGA CONSIDERA QUE O PREACORDO DO MINISTERIO NON DA NiNGUNHA GARANTÍA DE SUBA DE PREZOS

11927819_10206673239822554_683627291883166362_o

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FRUGA Esixe á Xunta de Galiza, co seu presidente ao fronte, que asuma ás súas responsabilidades e non traslade o problema a outras administracións.

 

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2015. Dende a Federación Rural Galega(FRUGA), consideramos que o preacordo discutido onte no MAGRAMA, e asignado xa por algunha organización sindical, non supón ningún tipo de garantías de suba dos prezos, limitase única e exclusivamente a unha declaración de intencións similar o acordo asignado no ano 2012 entre certas organizacións sindicais e a propia consellería do medio rural e do mar.

En primeiro lugar unha verdadeira vontade tanto por parte do MAGRAMA, como do presidente da Xunta, pasaría por paralizar os contratos que temos que estar asignando os gandeiros nestes días, e que entran en vigor xa no mes de setembro. Estes contratos a parte de supoñer unha baixada, supoñen igualmente a introdución de certas cláusulas prexudiciais para os produtores e que se traducen en baixas encubertas dos prezos.

Outro aspecto que non contempla este preacordo pasa por que non existe ningún tipo de garantías en caso de incumprimento, se algunha das partes incumpre o acordado, isto tradúcese en que nin ten ningún tipo de sanción, co cal podemos asignar o que queiramos, pero despois non temos ningún tipo de garantía do seu cumprimento.

Tanto no que respecta a cadea de valor, como a definición de prezo sostible, non se pode limitar a un simple documento de boas intencións, é preciso unha definición máis concreta dos marxes que se aplican os distintos elos da cadea alimentaria.

A Federación Rural Galega, esixe das distintas administracións, compromisos serios, que permitan unha revalorización dos prezos do leite, e non botar balóns fóra, e trasladar estes problemas a outras administracións, como se está a facer dende a Xunta de Galiza, que co seu presidente a cabeza, responsabiliza o futuro deste sector a que as distintas organizacións asignen o acordo en Madrid.

Mentres isto non se logre, a FRUGA e o conxunto da súa afiliación continuará participando en todas as mobilizacións e accións que a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego desenvolva para acadar ese obxectivo.