NINGÚN ACORDO SEN O AVAL DO SECTOR E SEN GARANTÍA DE CUMPRIMENTO

2012072521041663221

 

 

 

Diante da inminente finalización do prazo dado polo Ministerio para asinar a proposta de acordo, a Fruga quere facer pública a súa posición ao respeito

 

 

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015. Diante da inminente finalización do prazo dado polo Ministerio para asinar a proposta de acordo, a Fruga quere facer pública a súa posición ao respeito, que se resume netes catro puntos:


– Antes de asinar ningún acordo deben ser consultados os gandeiros para dar a súa conformidade coa proposta de acordo.

 
– Debe constituirse unha comisión de seguimento en Galiza, onde estén representados os gandeiros, a industria, a distribución e o goberno galego, para velar polo cumprimento do acordo asinado. E que deste xeito non quede en papel mollado igual que pasou nos acordos anteriores.

 
– Que o goberno galego como membro da comisión de seguimento asuma o papel de árbitro e garante do cumprimento do acordo no noso País.

 
– Se o acordo fica en papel mollado a Fruga ponse a disposición do sector para volver a mobilizarse.