A PLATAFORMA POLA DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO GALEGO COMEZA O BOICOT Á DISTRIBUCIÓN CON XORNADAS PEDAGÓXICAS NAS CIDADES GALEGAS

Panfleto leite portada

 

 

 

 

 

 

 

 

Explicarán ao consumidor que a suba do prezo que está a pagar, non repercute en beneficio do gandeiro 

 

 

 

Santiago, 27 de novembro de 2015.- A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego quere trasladar á cidadanía que o único que conseguiu na xuntanza coa conselleira de Medio Rural foron promesas. “Ánxeles Vázquez comprometeuse a mirar pola axilización do acordo de Madrid, logo de transmitirlle a nosa preocupación por non ter obtido aínda ningún resultado práctico do citado documento. Tamén falou de facer unha comisión de seguimento do acordo, tal e como lle pedimos, que serviría como base para elaborar un plan estratéxico do sector lácteo. Pero de momento son só iso: promesas”.

 

Os representantes da Plataforma lembran que a situación dos gandeiros segue a ser desesperada, “xa que seguimos percibindo o mesmo prezo polo leite que recibíamos en xuño, cando comezamos as mobilizacións, un prezo que non cubre custes de produción. Polo tanto, non nos queda máis remedio que emprender novas accións e medidas de presión”.

 

Por elo, os gandeiros comezarán a vindeira semana con xornadas pedagóxicas nas grandes cidades galegas, para explicarlle aos consumidores a delicada situación que atravesa o sector e a presión que se debe exercer sobre a distribución, “que si subiu o prezo final do cartón de leite, pero non lle trasladou esa suba nos lineais ao gandeiro”. As diversas organizacións integradas na Plataforma repartirán folletos informativos diante das grandes áreas comerciais de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo e Lugo; e farán declaracións públicas xunto cos alcaldes dalgunhas destas localidades.

 

Á espera das noticias de Madrid, aseguran que segundo a resposta das administracións, da industria e da distribución reaccionará o sector. Teñen previstas concentracións indefinidas de tractores diante da Xunta de Galicia e da delegación do Goberno do Estado na Coruña e especialmente contra os máis incumpridores do acordo, como son Lactalis e primeiros compradores.

 

CALENDARIO DAS XORNADAS PEDAGÓXICAS E ROLDAS DE PRENSA

 

Luns 30 de novembro, Santiago

12:00h Rolda de prensa na Casa do Concello, xunto co alcalde, Martiño Noriega.

12:45h Reparto de información no Centro Comercial As Cancelas.

 

 

Martes 1 de decembro, A Coruña

12:00h Reparto de información diante de Gadis (4 camiños)..

 

Mércores 2 de decembro, Lugo

12:00h Reparto de información no Centro Comercial As Termas.

 

Xoves 3 de decembro, Pontevedra

12:00h Rolda de prensa na Casa do Concello, xunto co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores

12:45h Reparto de información diante do supermercado Día (Santa Clara).

 

Venres 4 de decembro, Ferrol

12:00h Reparto de información no Polígono das Gándaras.

 

Sábado 5 de decembro, Vigo

12:00h Reparto de información no Centro Comercial Gran Vía.