FRUGA MANIFESTA A SUA OPOSICIÓN A UNHA REDUCIÓN UNILATERAL DA PRODUCIÓN LÁCTEA EN GALIZA

Leite

 

 

Desde a FRUGA apostamos por unha redistribución da produción a nivel europeo partindo da vocación leiteira do territorio e non en base aos dereitos históricos.

 

 

Lugo, a 18 de abril de 2016. Como consecuencia da crise que se vive  nos últimos tempos no sector lácteo galego, estase a falar da redución da produción, como unha das únicas solucións posibles para poder superar esta etapa de baixos prezos que estamos a sufrir os gandeiros e gandeiras galegos.

 

Desde FRUGA, non entendemos como se pode falar da redución da produción nun estado deficitario, como é o estado español, que a día de hoxe só produce o 75% do seu consumo, sendo constante e continúa a entrada de leite de fóra, tanto no que respecta a produtos elaborados, como no que respecta a entrada diaria de cisternas foráneas con leite liquido.

Ler mais

FRUGA CELEBROU UNHA ASEMBLEA NA PARROQUIA LALINESE DE VILATUXE PARA TRATAR DOS PROBLEMAS DA VECIÑANZA POR CAUSA DA CONCENTRACIÓN PARCELAR

IMG_20160415_213318

 

Na mesma valorouse a posibilidade de constituír unha comisión de afectados e afectadas.

 

 

Lalin, 16 de abril de 2016.- No dia de onte celebrouse unha asemblea na parroquia lalinense de Vilatuxe convocada pola Federación Rural Galega – FRUGA, coa presenza do avogado Patricio Viveiro, asesor da FRUGA.

O motivo da mesma viña determinado polos problemas causados á veciñanza pola concentración parcelar que se está a levar a cabo nesta parroquia.

Ler mais