DEREITOS E OBRIGAS NOS PROCESOS DE CONCENTRACIÓN PARCELAR

Concentración Lalín

 

 

Acto público no local social de Vilatuxe en Lalín, o venres 15 de abril ás 20:30 h.

 

O vindeiro venres 15 de abril ás 20:30 horas no local social de Vilatuxe en Lalín, a Federación Rural Galega, FRUGA, desenvolverá un acto público informativo sobre os dereitos e obrigas nos procesos de concentración parcelar.

Para desenvolver o acto contaremos coa prresenza de Patricio Viveiro, avogado de FRUGA, e experto en cuestións legais vinculadas ao ámbito agrario e procesos administrativos.

O obxectivo e non só ofrecer unha explicación xeral das implicacións que os procesos de concentración parcelar someten aos propietarios e propietarias e ás distintas administracións, se non tamén resover as cuestións concretas que as persoas presentes podan expoñer.

Agardámosvos a todos e todas. Ven a informarte e a despexar as túas dúbidas.