LACTALIS impón as súas propias condicións ás granxas que lle venden o seu leite

1442243595_516804_1442301747_noticia_fotograma

 

 

Aquí non se respeta nada e ninguén fai respetar nada

 

 

Lugo, a 27 de xullo de 2016.- Nestes días o departamento de compras e mercados da multinacional de orixe francés LACTALIS está presentándolle o contrato ás granxas que lle subministran o seu leite. Non debemos esquecer que esta é a primeira empresa en volume de recollida e en número de explotacións que opera na Galiza

Ler mais

FRUGA PROGNOSTICA UN FRACASO DAS MEDIDAS PROPOSTAS POLA COMISIÓN EUROPEA SOBRE O SECTOR LÁCTEO

b2(23)

 

Os supostos incentivos pola redución da produción láctea no último trimestre do ano, non van supoñer ningún tipo de avance no que respecta a situación que vive actualmente o sector lácteo galego.

 

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2016.  A Federación Rural Galega-FRUGA, considera que as novas aparecidas nestes últimos días, en relación a supostos incentivos pola redución da produción láctea no último trimestre do ano, non van supoñer ningún tipo de avance no que respecta a situación que vive actualmente o sector lácteo galego. Estamos a falar dun incentivo que se vai aplicar de forma lineal a tódolos estados a Unión Europea,  tanto no que respecta a estados excedentarios, como no caso do estado español, no cal non se produce o suficiente para o consumo interno. Tendo en conta que tódolos estados da Unión Europea se van beneficiar desta situación, o único que se pode conseguir é que os estados excedentarios  se fagan con novos mercados a costa da redución da produción nos estados defecitarios.

Ler mais

FRUGA SOLICITA UNHA ENTREVISTA COA CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL DADA A GRAVE SITUACIÓN DO SECTOR LÁCTEO

IMG_20160715_121729

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cando se cumpre un ano da  grande mobilización que levou a cabo o dia 17 de xullo de 2015 comprobamos como as condicións que deron orixe a esta manifestación e a todas as tractoradas que posteriormente se sucederan non mudaron, mais ben todo o contrario.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Lugo 15 de xullo de 2016. Cando se está a punto de cumprir un ano da primeira grande mobilización que o sector lácteo galego celebrou o 17 de xullo do ano pasado e que deu paso ás grandes tractoradas que tiveron lugar durante todo o verao ao longo de todas as comarcas leiteiras da Galiza, observamos que practicamente nada ten mellorado a respecto da situación de inicio e que foi o motivo de todo este proceso mobilizador.

Ler mais