Cando se cumpre un ano da grande mobilización que levou a cabo o dia 17 de xullo de 2015 comprobamos como as condicións que deron orixe a esta manifestación e a todas as tractoradas que posteriormente se sucederan non mudaron, mais ben todo o contrario.
Lugo 15 de xullo de 2016. Cando se está a punto de cumprir un ano da primeira grande mobilización que o sector lácteo galego celebrou o 17 de xullo do ano pasado e que deu paso ás grandes tractoradas que tiveron lugar durante todo o verao ao longo de todas as comarcas leiteiras da Galiza, observamos que practicamente nada ten mellorado a respecto da situación de inicio e que foi o motivo de todo este proceso mobilizador.
A desaparición de granxas sigue a un ritmo infernal de case 600 no último ano, concretamente 598; os prezos percibidos pola venda do noso leite seguen a ser os mais baixos de todo o Estado español co agravante de que estes non chegan para cubrir os custes de produción, situación que se ven arrastrando neste últimos cinco anos; e por outra parte comprobamos como os acordos aos que se chegou coa intermediación do Ministerio de Agricultura de España, o coñecido como Acordo de Madrid, non serviron para modificar a situación acima refernciada.
A sensación de cansazo e de estar batallando en solitario, sen o apoio e amparo da administración galega, contra un muro de perpiaño se ten instalado no sector produtor lácteo galego.
Por todo o exposto e co fin de analizar cales as liñas de traballo que entre todas as partes, adminstrados e administración, temos de pór en marcha para reverter esta grave situación, desde a Federación Rural Galega – FRUGA, solcitamos unha reunión coa señora Conselleira.