Veñen de coñercérense as solicitudes para acollerse á axuda por reducir a produción láctea e Galiza sitúase á cabeza
Lugo 28 de setembro de 2016 – Onte fixéronse públicas as solicitudes para acollerse á axuda por reducir a produción láctea no Estado español. A primeira conclusión que se pode tirar dos datos coñcidos é que Galiza sitúase á cabeza tanto no que se refire ao número de solicitudes como no que ten a ver coa cantidade pola que se solicita a axuda.
Así do total de granxas que soliciataron esta axuda o 50% corresponden a granxas galegas, pola contra en Euskadi só se acolleron o 0,70% e en Catalunya o 2,42%. Na seguinte zona podutora a nivel do Estado español, que é Castela – León, presentáronse o 14,80% do total, o que supon tamén que é a segunda zona onde mais solicitudes se fixeron.
No que ten a ver coas cantidades polas que se solicitou a axuda, Galiza sigue liderando esta nefasta clasificación. Galiza con o 33,76% é a primeira zona en canto á cantidade de leite que se solicitou reducir, seguida a grande distancia por Castela – León co 18,28%, pola contra en Euskadi esta porcentaxe redúcese ao 0,40% e en Catalunya fica no 2,42%.
Perante destes datos, desde a FRUGA temos de calificar estes datos como un tremendo fracaso da Xunta de Galiza, que non é capaz de ofrecer confianza e seguridade ao sector productor de leite da Galiza. Estes datos contrastan enormemente cos datos de Euskadi e Catalunya donde todo parece indicar que a acción dos seus respectivos gobernos ten favorecido os intereses dos seus gandeiros e gandeiras, xa que maioritariamente non se acolleron a unha axuda destinada a desencentivar a produción de leite nun Estado deficitario, en leite e derivados, como o español.
De seguir así Galiza corre o risco de deixar de liderar o sector leitero español, e este si é un liderado de prestixio, xa que de momento seguimos a estar entre as 10 rexións europeas mais produtoras da UE.
O fracaso do que está a pasar no sector lácteo galego, fracaso caracterizado por ostentar o liderado no que ten a ver con aquí é onde se cobra o prezo do leite mais baixo de todo o Estado, de ser o territorio onde mais granxas pechan ao ano, e agora por ser a zona que mais reduce a súa produción, ten de ser achacado única e exclusivamente á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galiza