FRUGA valora positivamente os distintos proxectos industrias que proliferan no sector lácteo galego, así como os distintos procesos de integración cooperativa.

img_20160715_121729

 

 

FRUGA vota en falta un proxecto estratéxico por parte da Consellería do Medio Rural o que pode abocar que todo estes movementos acaben en fracaso como pasou con Alimentos Lácteos.

 

 

 

 

 

 

 

Lugo, 27 de outubro de 2016 – Nos últimos tempos están a proliferar varios proxectos de transformación, no sector lácteo galego. A maior parte destes proxectos contan con cooperativas na seu accionariado, co cal de por si, xa significa a creación dun maior valor engadido para o leite producido neste país.

Desde a Federación Rural Galega – FRUGA, parécenos positivo que sexamos os propios produtores quen transformamos o noso leite, ninguén dubida que esta é unha vella demanda das explotacións lácteas galegas. A produción de leite en Galiza ten un déficit, no que respecta a transformación da súa materia prima. Outras comunidades do Estado, conseguiron importantes grupos lácteos no seu territorio de base cooperativa, falemos de Asturias, Euskadi, Andalucía e mesmo Cataluña, lugares nos que por certo o sector láteo ten un peso moito menor que o galego.

FRUGA valora positivamente estes proxectos que están a xurdir polo país adiante. Pero fronte a esta realidade, creemos que canta maior sexa a integración destes proxectos, e a súa coordinación, maiores beneficios obterá a parte produtora. A diversificación dos produtos lácteos, sempre permite que aumente o seu valor acrecentado. Perante desta situación a Consellería do Medio Rural, debería traballar desde este momento en conseguir a unificación de todos estes proxectos, e liderar a creación dun gran Grupo Lácteo Galego que tantas veces temos demandado os gandeiros e gandeiras galegos.

Nos últimos dias tamén estamos a ver como existen varias cooperativas galegas, que están en proxecto de fusión, para conseguir unha cooperativa de segundo grado, da cal van formar parte un importante número de explotacións gandeiras galegas, moitas delas dedicadas a produción de leite. A integración e fusión de distintas cooperativas é un aspecto que estamos ver como habitual nos últimos anos, sendo cada vez maior o seu volume de facturación, e a súa capacidade de comercialización.

A FRUGA, parécenos positivo todo tipo de fusión ou integración cooperativa, aspecto que debe redundar no beneficio das nosas ganderías. Por elo parécenos que a dia de hoxe, aínda se poden incorporar mais cooperativas a este proxecto, algo que tamén debería potenciar a propia Consellería do Medio Rural.

Houbo experiencias tanto de fusión cooperativa, como de comercialización do leite, que non tiveron os desenlaces desexados. Por iso desde a Federación Rural Galega, demandamos da propia administración que adopte todas as medidas para que todos estes cambios que estamos a percibir no sector cooperativo galego non remate como rematou Alimentos Lácteos, polo cal esperemos que a propia administración teña a lección aprendida ante a nova situación que se aveciña.