Tunel do Viño Galego en PonteVedra, 26 e 27 de novembo

agv-cartaz_tunel_vino_2016

 

 

 

Celebración do “Tunel do Viño Galego” PonteVedra 2016

Preténdese a celebración na cidade de Pontevedra dun “Túnel do viño”, no que estean representados viños de todas as zonas vitivinícolas de Galiza, elaborados por adegas de referencia no mundo do viño galego.

Por medio deste evento quérese dar a coñecer entre a cidadanía, e os profesionais da restauración, o universo do viño en Galiza, a súa diversidade, a súa riqueza e o seu potencial.

Para elo os visitantes ao evento poderán degustar os viños presentados por máis de 30 adegas procedentes das principais zonas produtoras galegas como son:

  • DO Monterrei

  • DO Rías Baixas.

    • Subzona “Condado do Tea”

    • Subzona “O Rosal”

    • Subzona “Ribeira do Ulla”

    • Subzona “Soutomaior”

    • Subzona “Val do Salnés

  • DO Ribeira Sacra.

    • Subzona “Amandi”

    • Subzona “Chantada”

    • Subzona “Quiroga Bibei”

    • Subzona “Ribeiras do Miño”

    • Subzona “Ribeiras do Sil”

  • DO Ribeiro.

  • DO Valdeorras.

  • Viños da Terra:

    • Indicación Xeográfica Protexida Barbanza e Iria.

    • Indicación Xeográfica Protexida Betanzos.

    • Indicación Xeográfica Protexida do Val do Miño – Ourense.

    • Zona “Ribeiras do Morrazo”. (A figura desta zona como Indicación Xeográfica Protexida foi recentemente aprobada pola Xunta de Galicia ).

    • Zona de Negueira de Muñiz.

  1. ACTIVIDADES.

As actividades do “Túnel do viño” terán unha duración de dous días. Preferiblemente realizaranse durante unha fin de semana. en horario de mañá e tarde, coa finalidade de facilitar o acceso ao maior número posible de cidadáns.

Previamente á súa celebración realizarase unha presentación pública e unha campaña divulgativa sobre o mesmo.

As persoas que accedan ao recinto poderán degustar, de entre os viños expostos, todos aqueles viños que desexen. Para completar a experiencia, e ampliar o coñecementos das principais características dos viños presentados, e das súas zoas de orixe, os visitantes terán á súa disposición sumilleres, catadores e persoal capacitado para proporcionarlles toda a información que requiran.

Como complemento, e baixo a denominación de “Galiza, terriñas de viños”, celebraranse catas-degustación para aqueles visitantes que así o desexen, e que estarán conducidas por sumilleres expertos nos viños galegos.