Exito do Tunel do viño de Pontevedra

tunel-vinho-7

 

Un dos poucos eventos onde se pode ter acceso a viños de todas as D. O. e I.X.P de Galiza.

 

 

 

 

A AGV/FRUGA, dentro das súas actividades para dar a coñecer a riqueza ea potencialidade do mundo do viño galego, ven de celebrar, durante a fin de semana do 26 e 27 de novembro, unha nova edición do “Túnel do Viño” na Casa da Luz en Pontevedra.

Nesta ocasión os visitantes puideron degustar máis de 60 marcas presentadas por 35 adegas procedentes de tódalas zonas, e subzonas, produtoras galegas:

DO MONTERREI Couto Mixto

DO VALDEORRAS Alán de Val
Crego e Monaguillo

José Luis Aristegui
Vía Arxéntea

Roandi
DO RÍAS BAIXAS Moraima

La Perdida
Señorío de Rubiós

Rafael Palacios
Eido da Salgosa

   
Castro Brey

IXP BARBANZA-IRIA Antón Saborido
Noelia Babelia

Boal de Arousa
Forjas del Salnés

Entreosríos
Saacabeira

IXP BETANZOS Lorenzo Bescansa
DO RIBEIRA SACRA Silice de viticultores

Ribeiras de Armea
Daterra viticultores

RIBEIRAS DO MORRAZO Adega Ardán
Roberto Regal

Mosteiro de Poio
Atrium Vitis

Os Areeiros
San Mamede

DO RIBEIRO Eloi Lorenzo

NEGUERIA DE MUÑIZ Adega Sidrón
Pousadoiro

Manuel Cancio
Cume do Avia

   
Fazenda Agrícola Augalevada

Leive

Á cita acudiron tamén numerosos adegueiros e produtores, que conxuntamente con profesionais do sector (sumilleres, enólogos e representantes de medios especializados) puideron catar e debater sobre a riqueza, as tendencias e o momento de impulso que vive o mundo vitivinícola galego nestes momentos. Mundo que se acaba de enriquecer coa recente aprobación dunha nova IXP: Ribeiras do Morrazo. E da que esperamos que nas próximas citas do Túnel do viño, poidamos xa contar con viño etiquetado ao seu amparo.