Solicutde PAC 2017: a FRUGA felicítase de que a Consellería do Medio Rural lle veña a dar a razón despois de dous anos.

Fai dous anos a FRUGA presentou un contencioso administrativo contra a Consellería do Medio Rural por aplicar os criterios mais restrictivos e perxudiciais para as explotacións galegas, que agora vem de modificar.

 

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017. Despois de dous anos a Consellería do Medio Rural, con a súa conselleira á frente vennos dar a razón. Precisamente a Federación Rural Galega – FRUGA o 10 de maio de 2015 prsentou un contencioso administrativo contra a Orde da Consellería do Medio Rural que regulaba os pagamentos directos derivados da aplicación da PAC.

A normativa que veu aplicando a Conselleria nestes dous últimos anos obligaba a aquelas explotacións que superaban as 10ha a ter que implantar mais de 2 cultivos sobre o terreo, sempre que o terreo, no período de control, non se encontrara ocupado por cultivos pratenses (prados plurianuais ou permanentes). Haí é onde residía o grande problema, no período de control.

O periódo de control que regula a normativa ministerial, e que viña aplicando a Conselleria galega, fica comprendido entre maio e xuño, época na que en Galiza, na maioria das explotacións lácteas, o terreo está ocupado polo millo forraxeiro, que non ten a condición de cultivo pratense, polo que se vían obligadas a implantar 2 cultivos, o que implicaba reducir a superfície de millo. Segundo estudos feitos no Centro de Investigación de Mabegondo, isto significaba un sobrecuste por deixar de cultivar o millo de entre 170 a 200€ por hectárea que se deixaba de plantar.

Mas a normativa estatal permitía ás comunidades autónomas axustar o período de control ás condicións agroclimáticas da súa zona, o que xa viña facendo desde o principio Asturias, ao establecer o período de control entre xaneiro e abril, época na que o terreo se encotra ocupado por cultivos pratenses, polo que fican eximidas de cumplir a obriga de plantar 2 cultivos. Deste xeito desde o 15 de abril en diante xa poden plantar toda a superfície a millo que se necesite ao non se ver limitadas por este condicionante.

Esta prerrogativa, que xa viña empregando Asturias, é á que agora se acolle a Consellería do Medio Rural da Galiza. Algo que todo o sector agrario galego viñamos demendando desde o principio e que agora, despois de transcurrido dous anos, nos ven dar a razón a propia señora conselleira cando anuncia que para a solicitude da PAC deste ano, 2017, o período de control estará comprendido entre o 15 de xaneiro e o 15 de abril.

Por todo o anterior desde a FRUGA temos de manifestar a nosa satisfación porque ao final se nos veña a dar a razón, sobre todo, non porque se nos dé a razón á nosa organización senon, porque era unha inxusticia no trato que recibiamos as explotacións galegas a respeito das nosas veciñas de Asturias, e por cima de todo por culpa da cerrazón da nosa propia administración.