Preocupación e incertidume perante da crise orixinada pola presencia na Galiza da couza ou traza guatemalteca da pataca. A continuación reprodúcese o escrito enviado á señora Conselleira do Medio Rural.
Señora Conselleira do Medio Rural de Galiza.
A xente que vivimos no medio rural estámos grandemente preocupada. Son varios os motivos que nos causa esta preocupación e un deles ten a ver coa extensión e propagación da coñecida como couza ou traza guatemalteca da pataca, que segundo recoñece a súa Consellería afecta, nestes momentos a 31 concellos do norte de Galiza, 13 na Coruña e 18 en Lugo.
A preocupación e incertidumbre é dupla, por un lado no que atixe aos concellos hoxe diretamente afectados, onde se recomenda que non se plante o tubérculo, ao prexudicar grande e directamente á economía das familias, e por outro no que ten a ver coa posíbel propagación e extensión desta praga ás zonas produtoras como A Limia, Bergantiños ou A Terra Chá, esta última con todos os concellos afetados menos dous dos que fan parte desta subzona.
Despois de transcorridos dous anos desde que se detectara a súa presenza na Galiza, en concreto nos concellos de Ferrol, Narón e Neda, agora encontramonos con que neste momentos xa temos 31 concellos afectados.
Por todo o exposto e co fín de analisar cales as liñas de traballo que entre todas as partes, administrados e administración, temos de pór en marcha para determinar as medidas a adoptar co fin de paliar os danos causados e impedir a súa propagación ás zonas produtorar, desde a Federación Rural Galega – FRUGA, solcitamos unha reunión con a señora Conselleira.
Dada a gravidade do asunto a tratar consideramos oportuno contar nesa reunión coa aportación técnica do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal dependente da Subdireción Xeral de Explotacións Agrarias, dependente desa Consellería
Con os nosos mellores cumprimentos.
En Santiago de Compostela, a 14 de febreiro de 2017.