O presidente da AGV ven de participar no Congreso de Innovación na Formación Profesioal

Santiago de Compostela 11 de maio de 2017. A Asociación Galega de Viticultura, representada polo seu presidente Roberto Rivas Reborado, participou o día 12 de maio no Congreso de Innovación na Formación Profesional, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

O presidente da AGV como único representante do sector profesional, na súa condición de viticultor e cooperativista participou nunha mesa redonda xunto con representantes da Consellería do Medio Rural, da Estación de Viticultura e Enoloxia de Galiza (EVEGA) e do CIFP  A Granxa de Ponteareas, e na que se debateu sobre “Como abordar as necesidades formativas no sector da viticultura”