Ourense, 24 de maio de 2017. Tivo lugar onte na cidade de Ourense a manifestación convocada polos sectores afectados polas xeadas de finais do mes de abril en demanda de axudas directas para facer fronte aos danos causados. Manifestación da que a Federación Rural Galega – FRUGA era convocante xunto con outras organizacións do mundo rural.
A continuación reprodúcese o texto do manifesto leido ao final da manifestación perante a Delegación territorial da Xunta de Galiza:
Bos días e moitas gracias por vir a esta Manifestación.
E esperanzador ver aquí a toda esta xente, ver como o sector agrario, un sector que se viu fortemente golpeado polos danos catastróficos ocasionados polas xeadas caídas nos últimos días do mes de Abril se mobiliza perante a inoperancia e desprezo da Xunta de Galiza.
Cobra, si cabe máis importancia, que hoxe nos encontremos aquí defendendo a nosa profesión, defendendo o sustento das nosas familias, defendendo o dereito a vivir do noso traballo e a vivir nos nosos pobos, e decía o da importancia de facelo na cidade de Ourense, capital dunha provincia que case sempre se atopa á cola de tódolos indicadores económicos, unha provincia que está a perder a ritmos acelerados población no rural, a perder labregas e labregos, a perder escolas, a perder garderías, en definitiva a perder todos aqueles dereitos que deberíamos ter aínda vivindo no rural.
Dende tòdalas organizacións convocantes, Sindicato Labrego Galego, Federación Rural Galega-FRUGA, Unións Agrarias, Asociacións de viticultores do Ribeiro, Asociacións de productores de Castaña de Viana, productores de Monterrei, da Ribeira Sacra, tanto a parte ourensán como a Lucense, de Valdeorras, do Ribeiro e en definitiva, labregas e labregos de tódalas zonas afectadas, reclamamos hoxe aquí á Administración Galega que o rural e o agro, ten futuro. Non vale solo con sair na televisión e facer anuncios de que o rural galego ten futuro, de poner carteis co lema “Ruralízate”, senón ahora, nestes duros momentos é cando a Administración pode demostrar a súa aposta polo rural.
.
Lamentamos a día de hoxe, a inoperancia e a pasividade que está a mostrar a administración cos afectados polas xeadas, concretamente da Sr Conselleira de Medio Rural, que a día de hoxe non ten solución para este problema e das propostas feitas até o de agora nos tivéramos que enterar polos medios de comunicación.
E decíamos que nos lamentábamos, non por pedir limosnas, senón porque pedimos o mesmo trato que a Sr Conselleira tivo hai menos dun ano noutra zona vitícola de Galicia (concretamente na Ribeira Sacra)
Polo exposto anteriormente;
1º Pedimos á Xunta de Galicia que abra un rexistro de afectados.
Para iso, a través das Oficinas Agrarias Comarcais das zonas afectadas se tome rexistro de tódolos labregos e labregas afectados así como da superficie real dañada pola xeada.
2º IMPORTANTISIMO.
Posta en marcha con urxencía dunha liña de axudas con importe igual á dos nosos veciños viticultores e viticultoras da Ribeira Sacra, concretamente do Concello de Sober.(Orde do 19 de Setembro de 2016, de axudas aos viticultores da Ribeira Sacra afectados polo pedrazo) Estas axudas por superfice afectada, sufragarán en parte os traballos necesarios de recuperación e mantemento dos viñedos afectados. Esto suporá en definitiva o non abandono das explotacións.
3º Pedimos a condonación (non moratoria, nin prorrogas) nas cuotas satisfeitas á Seguridade Social polos traballadores autónomos, durante un período non inferior a seis meses, así como que se solicite ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a posta en marcha dunha rebaixa aplicable no IRPF.
4º Que a Xunta de Galicia, a través do IGAPE, poña a disposición dos afectados, unha liña de créditos , sen custes de tramitación e con interés cero que permitan paliar os danos económicos provocados pola perda de ingresos e as necesidades de liquidez e circulante e o mesmo tempo que aqueles colleiteiros e viticultores, e agricultores que teñen créditos con entidades bancarias se negocie unha moratoria nas cuotas de préstamos xa suscritos.
5º Que a Xunta de Galicia traballe nunha mesa de negociación co sector e coas compañías aseguradoras para facer posible a existencia dunha oferta aseguradora real, adaptada e eficaz para as nosas produccións.
Estas medidas acordadas e debatidas, as cales creemos que deben levarse a cabo, son medidas reais que xa se aplicaron en outras zonas e as cales con vontade política se poden levar a cabo.
Recordamos que se trata de axudar un sector básico e fundamental para as distintas comarcas, moitas delas nas que o sector agrário é o motor económico e social da mesma.. Persoas gravemente afectadas que necesitan máis que nunca destas axudas. Axudas que son imprescindibles para a subsistencia e preservación dunha identidade, dunha paisaxe e das súas xentes.
Xentes que poderián deixar de estar fixadas no rural despois destes acontecementos.
No pasado moitos galegos saíron cara a diversas zonas do mundo e xa non regresaron á aldea,deixando os fillos no estranxeiro. Non se vía futuro no campo. Así é como se empeza a desvanecer unha cultura, unha forma de vida no rural e unha forma de entender o campo. Non señores e señoras, non queremos ter que marchar, non queremos vivir nun campo de subsidios, nin de limosnas.
Queremos seguir vivindo no rural, traballar no rural e vivir do noso traballo.
Para qué sirve un goberno se non é para resolver estes problemas? Qué pasaría si unha xeada lles quitara a calquer sector económico ( sector bancario,) o 90% dos seus ingresos?. Que faría a Administración?……….
Na crise do sector naval non se xubilou xente con 45 anos con fondos do estado? E na crise bancaria non se aportaron fondos do estado?
Á xente do campo tratannos desigualmente:
Cómo van os nosos fillos e fillas querer vivir no campo se non somos tratados cos mesmos dereitos e coberturas que o resto de cidadáns? Queremos un trato igualitario, como se mencionaba antes, e poder vivir no campo, no rural, do noso esforzo é en igualdade de condicións que os resto de cidadans.
En resumo, se a Xunta de Galicia, o Goberno e as Administracións desexan realmente apostar polo rural, a fixación de poboación e o sector agrícola, esta é unha boa, unha moi boa oportunidade de demostralo. (Ahora tócalle á Administración arrimar o hombro)
Para rematar agradecervos a todos vós a participación nesta manifestación e por último, decirvos que esta loita continúa, seguiremos loitando ata que as nosas demandas sexan escoitadas, e anunciámoslle a señora Conselleira que si fai falla ir a Santiago, iremos, ou a Madrid? Pois tamén iremos.
Pedirémosvos axuda outra vez e entre todos conseguirémolo.
Un Saúdo e Moitas Gracias