FRUGA pregúntase até cando se vai seguir dando a situación de o leite galego ser o único que se paga a menos de 0,30€/litro, mentres as granxas galegas van a menos.

Desde a nosa organización esixímoslle á Xunta de Galiza que defenda o sector lácteo galego, se realmente quere que esta sexa a lexislatura do rural.

Lugo, 5 de xullo de 2017.- A última publicación do Fondo Español de Garantía Agraria(FEGA), en relación coas entregas de leite de vacún no mes de Maio do ano 2017, amosan a tendencia seguida nos últimos tempos polo sector lácteo galego, redución continúa de explotacións, e prezos mais baixos de todo o estado español.

A día de hoxe, as granxas galegas cobramos de media polo leite 0,299 euros litro, cando a media do estado que está en 0.312, e moi por debaixo dos prezos que cobran os gandeiros vascos 0,344 e os asturianos 0,332. Esta tendencia non resulta novedosa, senón que se ven repetindo ó longo dos últimos anos, concretamente soamente durante os anos 2006 2007 e 2008 tivemos un prezo superior a media española. Actualmente Galiza é a única comunidade que se paga o leite por debaixo dos 0,30 euros litro, moi por debaixo dos custos de produción. Estes prezos fan que o maior número de abandonos se produzan no noso país, fronte a outras comunidades, caso de Cataluña, na que aumenta o número de granxas que se adican a produción de leite.

Desde a chegada de Nuñez Feijoó a presidencia da Xunta, estamos a observar unha política totalmente contraria os intereses do sector leiteiro galego. Por un lado, cada vez funcionan menos a mesas negociadoras, as empresas lácteas poden facer o que realmente queiran, limitando produción ás explotacións, empregando parámetros de calidade en función os seus intereses. As empresas teñen en Galiza un lugar para comprar leite barato, sen que por parte da administración se vexa ningún tipo de intervención fronte os abusos das centrais leiteiras.

A día de hoxe, por parte da Xunta de Galicia, estéaselle a dar un gran impulso a fusión de cooperativas agrogandeiras, algo no que dende FRUGA non nos opoñemos, pero de pouco serven todos estes procesos de fusión, senón conseguen que o leite galego teña uns prezos que permitan cubrilos custos de produción.

FRUGA esíxelle á conselleira do medio rural, que tome en serio o sector lácteo galego, e que se deixe de tanta propaganda, como fixo coa instalación dunha central leiteira en Teixeiro, que a anunciou por todo o alto na precampaña das eleccións do ano 2016, argumentando que esta industria recollería un total de 400000 T de leite ao ano, cando no día de onte anunciou que no futuro a recollida desta industria seria de 70000 T ano, e que contaría cun investimento de 18,5 millos de euros fronte os 70 millóns anunciados polo presidente da Xunta.

Se está vai ser a lexislatura do Rural, como dixo en varias ocasións o señor Feijoo, que empece a demostralo, e que se deixe de tanta propaganda. O leite galego segue a ser o peor pagado do estado español e as granxas galegas non deixan de diminuír.