A FRUGA quere manifestar o seu apoio e solidaridade con os nosos as nosas compañeiras e colegas da Unió de Pagesos de Catalunya na súa demanda de que a poboación catalana poda votar libremente o 1 de outubro.

En defensa da democracia, da liberade e do dereito a decidir do pobo catalán.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017. O pasado día 23 un millar de tractores saíran ás rúas de Lleida e Vic convocados pola Unió de Pagesos e da organización Joves Agricultors i Ramaders de Catalunya (JARC) para reclamar que a poboación de Catalunya poda votar o próximo día 1 de outubro e en defensa da democracia e da liberade, mobilizacións que se voltarán a repetir o próximo día 29.

Desde a FRUGA partimos de que Catalunya, ao igual que a Galiza e Euskadi, son nacións, mesmo legalmente recoñecidas pola Constitución Española. A Constitución española recoñece explicitamente a existencia de nacionalidades e rexións. Polo tanto toda nación ten dereito a decidir o seu futuro, e este dereito non pode ser negado invocando á lei, cando a propia lei que se invoca, a sagrada Constitución Española, recoñece a existencia de nacións dentro do Estado Español. As nacións legalmente recoñecidas son Galiza, Catalunya e Euskadi, e sonno así en función de que en xullo de 1936, data do golpe de estado franquista, eran as que tiñan plebiscitado afirmativamente os seus Estatutos de Autonomía como nacións diferenciadas.

Por todo isto a FRUGA, perante a intervención do goberno español en Catalunya, quere manifestar a súa total oposición ao golpe de estado que o goberno de España do PP está a levar a cabo contra do goberno de Catalunya, a Generalitat, legalmente constituído e saído dunhas eleccións democráticas, mediante a toma e ocupación de sedes de distintas Consellerías, detención de cargos públicos, intervención dos recursos económicos propios do goberno catalán., baleirado de competencias dos Mossos d´Esquadra, ameaza de ocupación do territorio de Catalunya por parte da Policía Nacional Española, a Garda Civil e o propio Exercito español.

Desde a FRUGA sumámonos ás reivindicacións que fan os nosos e as nosas colegas da Unió de Pagesos para que os cataláns e as catalas podan votar o día 1 de outubro en liberdade sen a presión e a intervención ilexítima do goberno español do PP.

En defensa da democracia, a liberdade e o dereito a decidir de todos os pobos do mundo, e nestes momentos concreto do pobo da Catalunya.