O pasado venres día 06/10/2017 saiu publicado no DOGA as medidas adoptadas pola Xunta d e Galicia para paliar os danos ocasionados na agricultura polas inclemencias metereolóxicas durante o ano 2017. Dende FRUGA temos que mostrar a nosa total e absoluta disconformidade polas medidas adoptadas, os motivos deste decontento e que para nada son as medidas que realmente precisa e demanda o sector.
As médidas publicadas pola xunta de Galicia póedese resumir nunha soa que consiste en ofrecer créditos aos labregos a un xuro determinado e con comisión de apertura, destacar que o prazo para acollerse a estes créditos rematan o día 20 do presente mes e moitas entidades bancarias colaboradoras non saben aínda a día de hoxe en que consiste dito acordo.
Os argumentos polos que dende FRUGA o noso posicionamento e rotundamente contrario son polas seguintes razón:
- A Xunta de Galicia non foi capaz de levar a cabo un censo para saber realmente quenes foron as persoas e superficies afectadas, e sabemos certamente que a Xunta de Galicia ten os medios humanos e técnicos para levar a cabo o devandito censo. A importancia deste censo é para saber canto diñeiro faría falla para paliar os danos e saber realmente quenes foron os afectados xa que desta maneira pódese acoller todo o mundo independentemente que fose afectado ou non polas xeadas ou saraivas.
- O crédito non é unha solución para o sector xa que ten unhos custes e o non haber colleita e non haber ventas é difícil poder amortizar un crédito mes a mes. Estas medidas son un negocio para os Bancos e non comprendemos que a conselleira de Medio Rural esté máis preocupada pola conta de resultados dos sistema financiero que de axudar ao sector.
Dende FRUGA consideramos que as reinvidicacións do sector non foron atendidas, dado que nas reunións mantidas coa conselleira de Medio Rural manifestamos que o único que non queríamos eran créditos con custos, lamentamos a súa prepotencia actuando o marxe das organizacións agrarias e demáis axentes sociais implicados que dende un primeiro momento ofrecemos a nosa total colaboración e disosición para resolver este grave problema.
As principales medidas defendidas por FRUGA son as seguintes:
- Bonificacións na Seguridade Social, compromiso adquirido pola propia Conselleira pero que non levou a cabo.
- Axudas para os productos fitosanitarios.
- Financiamento sen custos.