Mentres a Galiza rural se desangra a Consellería do Medio Rural ponse medallas.

Pese a propaganda da Consellería as granxas galegas de leite seguen a ser as que menos cobran do Estado español.

Lugo, 8 de xaneiro de 2018. Perante as declaracións da conselleira do medio rural, nas cales dicía textualmente, que en Galiza houbo unha importante suba do prezo do leite, FRUGA quere manifestar unha vez mais, que estamos ante unha mera propaganda. Durante o ano 2017 a situación do sector lácteo galego sufriu os prezos mais baixos de todo o estado español, o cal levou consigo que un importante número de explotacións lácteas tiveran que pechar as súas portas no último ano.

Os prezos que cobraron os gandeiros e gandeiras galegas, foron os mais baixos do estado español, tendo en conta que a media do estado estivo en 0,334 euros no mes de novembro, e en Galiza ese prezo estivo en 0,32, outras comunidades como Euskadi, Cataluña ou Asturias, este prezo estivo en 0,35. Non pode utilizar a escusa de que a causa do baixo prezo do leite en Galiza teña a ver con as calidades en graxa e proteína, xa que Galiza está ao mesmo nivel que a media do Estado español.

O abandono de explotacións lácteas en Galiza foi moi superior o resto do estado. Durante o ano 2017, 424 ganderías galegas de leite pecharon as súas portas, o que represente o 57% do total do estado español. Unha vez mais somos os últimos no prezo do leite, e os primeiros no número de peches.

En datas pasadas, tamén saian a relucir os datos de SAU(superficie agraria útil) da que dispoñen os gandeiros e gandeiras galegas. Nestes datos observase como Galiza dende o ano 2013 o 2016 Galiza perdeu 33000 hectáreas de superficie agraria útil. Co cal podemos observar como o peche de explotacións agrarias non se traduce no aumento da superficie agraria do resto das explotacións. Esta SAU que se perde, vai destinada principalmente a plantacións forestais, concretamente a plantacións de eucaliptos.

A política agraria da consellería do medio rural, está destinada principalmente a favorecer os intereses de empresas como ENCE, favorecendo e incentivando as plantacións de eucaliptos, e eliminando unha importante cantidade de superficie agraria útil. Os gandeiros e gandeiras galegas precisamos de base territorial, co fin de abaratar os custos de produción, e favorecer a produción en base a terra, con prácticas sustentables como pode ser o pastoreo, que a día de hoxe estáse a primar no que respecta a produción de leite.

Desde FRUGA exixímoslle a consellería do Medio Rural, que se deixa de investir en propaganda, que a situación dos gandeiros e gandeiras de leite non mellorou con respecto o ano anterior. A día de hoxe é preciso parar a forestación de terras agrarias, se realmente queremos favorecer a produción de leite a baixos custos.