A Federación Rural Galega – FRUGA ven de interpor RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO conta a Orde da Consellería do Medio Rural de subvencións ás organizacións profesionais agrarias.

5 de febreiro de 2018. a Federación Rural Galega – FRUGA ven de interpor RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO contra a Orde da Consellería do Medio Rural do 29 de novembro de 20178 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións agrarias para actividades de interese agrario e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (publicada no DOG de 4 de decembro de 2017), por considerala contraria aos nosos lexítimos intereses.

Como é ben sabido a FRUGA é unha federación na que están integrada distintas entidades asociativas do rural galego, entre as que se encontra a Asociación Empresarial Rural Galega-FRUGA (AERG-FRUGA), entidade asociativa que cumpre a condición establecida na Lei 12/2014, de 9 de xullo, pola que se regula o procedemento para a determinación da representatividade das organizacións profesionais agrarias, de ser unha organización profesional agraria constituída e recoñecida ao amparo da Lei 19/1977, que regula o dereito de asociación sindical e que ten entre os seus fins estatutarios a defensa dos intereses xerais da agricultura, condición que establece, a súa vez, o artigo 2 da Orde da Consellería para poder ser beneficiara desta liña de subvencións.

Consideramos que, por unha parte, non se pode establecer como criterio para poder ser beneficiara destas axudas a condición de ter concorrido ás eleccións a cámaras agrarias provinciais que tiveran lugar o 26 de maio de 2002, xa que desde aquelas datas moitas cousas teñen mudado no campo galego, non soamente en canto ao número de profesionais agrarios mas tamén no que ten a ver coas propias organizacións agrarias que se presentaran a aquelas eleccións.

Por outra parte xulgamos totalmente improcedente a redacción do artigo 18 desta orde ao establecer que para poder presentar a solicitude da axuda a organización profesional agraria solicitante teña de presentar un certificado emitido por unha organización profesional agraria a nivel estatal, de pertenza da solicitante a esta e de participara activamente nas súas actividades. Non debería ser necesario lembrar que esta é unha liña de axudas exclusivamente galega polo que non entendemos que pinta este requisito que ten un cheiro a sucursalismo e dependencia que apesta.

Estes motivos, entre outros, foran os que nos levaron a presentar, o día 31 de xaneiro, este Recurso Contencioso-Administrativo perante do Tribunal Superior de Xustiza