¡ TOURO E O PINO NON QUEREN A MEGAMINERÍA CONTAMINANTE!

A sombra do cobre volve pousarse sobre Touro e O Pino tras máis de 30 anos de convivencia coa contaminación herdada da anterior explotación minera.

Da man da corporación internacional Atalaya Mining, a entidade Cobre San Rafael SL promove un proxecto de extracción de cobre a ceu aberto nestes dous municipios coruñeses, cunha extensión que abarcaría 689 hectáreas, e coa clara pretensión de ampliar esta superficie hasta un total de 122,7 kilómetros cuadrados.

 

Os motivos polos que non podemos permitir que a Xunta de Galicia aprobe este proxecto son moitos e aféctannos a todos e todas:

 

‐ Porque vai apoderarse de case 500 Has. de terreos agrícolas e forestais que son a base produtiva de moitas explotacións agrarias, deixandoas sen base territorial e tendo que pechar.

 

‐ Porque se eliminan 341 hectareas de masa forestal e 150 hectáreas de cultivos e vexetación natural, que nunca máis volverán a producir.

 

‐ Porque, xunto as catro cortas existentes, vanse a escavar 6 novas cortas coa eliminación definitiva do uso destes solos para as actuais e futuras actividades agrogandeiras ou forestais.

 

Porque planean 15 anos de actividade, de megaminería intensiva, con funcionamento de maquinaria pesada e actividade as 24 horas do día durante os 365 días do ano, con voaduras diarias realizadas con entre 9 e 16 toneladas de explosivos cada unha.

 

– Porque no proceso de separar o cobre das rochas emplearán diversos compostos químicos perigosos para as personas e o medio ambiente, sendo o máis grave deles o isopropil etil tiocarbamato, irritante, alergénico e nocivo para as persoas, sospeitoso de causar cancro, nocivo para os organismos acuáticos, con efectos a longo prazo e non fácilmente biodegradable. Ademáis, a contaminación atmosférica xerarada polo polvo en suspensión derivado das actividades extractivas, transporte e tratamento do mineral poderá abarcar un radio de hasta 50 kilómetros.

 

Porque se crearan 2 depósitos de residuos estériles e 4 vertedoiros que ocuparán en total case 300 Ha., (300 veces o Estadio Santiago Bernabeu), a moi pouca distancia dos núcleos de poboación.

 

Porque o depósito de estériles situado entre Arinteiro e Vieiro será unha enorme balsa de lodos que contará cun muro perimetral de contención con capacidade para 50 millóns de metros cúbicos de residuos estériles de mina (equivale a unha sexta parte a capacidade do encoro de Portodemouros), cunha probabilidade de falla MOI ATA. Unha xigantesca balsa de lodos tóxicos que estará impermeabilizada cunha geomembrana de tan sólo 1,5 milímetros de espesor. É dicir, que existe risco para a vida das persoas residentes nas poboacíons próximas en caso de rotura da balsa que estará a menos de 200 metros da poboación habitada de Arinteiro.

 

Porque se plantea o desvío do leito dos regos Pucheiros e Burgo, que verten as augas a afluentes do río Ulla e o gasto arredor de 2.25 hectómetros cúbicos de auga ao ano, o que suporía 6 veces máis do que os concellos de Touro e O Pino xuntos gastan no mesmo período.

 

‐ Porque ten afectación directa ao Camiño de Santiago ó seu paso polo concello de O Pino, a tan só 1000 metros do Monte das Minas, os peregrinos camiñarán e durmirán nas literas mirando ó monte das Minas, respirando e soportando o polvo en suspensión fruto das voaduras diarias.

 

– Porque casi a metede do terreo afectado vai estar ocupado por depósitos de residuos estériles e escombreiras con altas concentracións de metales pesados, que agravarán a problema de contaminación na cunca do río Ulla e nos acuíferos subterráneos que anterior explotación provocou e que estamos a padecer. Este río, integrado na Rede Natura 2000, vai trasladar a contaminación á Ría de Arousa.

 

Porque vai afectar directamente á ría máis produtiva de Galicia, Arousa, cun sector marisqueiro, pesqueiro e acuícola do que viven máis de 30000 familias. Se o río baixa contaminado diminúe tanto a cantidade como a calidade do marisco, non hai cría, hai menos fixación, aparecen enfermidades… O sector do mar de Arousa é o eixo vertebrador da economía local e do turismo e está totalmente vencellado coa calidade das augas.

 

-Porque as augas contaminadas do río abasterán as traidas municipais de 13 concellos con máis de 150.000 habitantes.

 

– Porque afectaría directamente a diversos sectores de actividade económica na nosa contorna, como son o agrícola y gandeiro, as industrias derivadas do leite, as actividades de explotación forestal, os negocios hosteleiros e de servicio. Esto implica a destrucción de centos de postos de traballo estables e consolidados, tanto directos como indirectos. As promesas de creación de postos de traballo por parte da empresa promotora, para nada compensan ningún dos aspectos negativos desta devastación do noso territorio.

– Porque este proyecto promete unha recuperación da zona dentro de 15 anos, despois de desfacer todo e cando aquí xa non quede nada ¿acaso pensan que durante todos eses anos a poboacións poderá convivir nunha zona devastada e con riscos para a saúde, onde os seus medios de vida se vexan destrozados?. O abandono da terra será inevitable e forzoso.

 

– Porque estamos por tanto ante un proxecto con un impacto ambiental inasumible, un impacto sobre a a saúde preocupante, un impacto económico negativo e un impacto social e cultural que xera unha forte alarma e rexeitamento en toda a contorna, de consecuencias negativas incalculabres para as persoas, para a biodiversidade e para os seus medios de vida presentes e futuros.

 

Dende esta Plataforma Veciñal “Mina Touro O Pino Non” queremos que se cumplan todas as leises que nos amparan e esiximos:

 

1.Ó Consello da Xunta de Galicia e ó seu Presidente, ás Consellerías do Mar, Medio Rural, a de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a de Cultura e Ordenación Universitaria e á de Economía, Emprego e Industria a emisión de informes negativos,do proxecto en base a todas as afectacións que o proxecto implica e que acaban cos nosos medios de vida, a nosa saúde e son un atentado ao medio ambiente e á biodiversidade da

zona e máis alá.

 

2.Á Xunta de Galicia, que se promova unha completa restauración dos terreos da antiga explotación mineira de Touro, eliminando os focos de contaminación de metais pesados e drenaxe ácida.