FRUGA aposta por na Galiza contar cunha fronte común, con presencia de todas as organizacións agrarias, ante a nova PAC que se aveciña.

Mas para iso a Consellaría do Medio Rural non se debe deixar levar por criterios partidistas e convocar a todas as organizacións agrarias galegas.

Lugo, a 27 de xullo de 2018. En datas pasadas, a Consellería do Medio Rural mantivo unha xuntanza con representantes do sector agrogandeiro galego, co obxectivo de buscar unha postura común ante a reforma das axudas da PAC.

FRUGA considera sumamente importante, que Galiza poida ter unha postura común, ante a futura reforma da política agraria común. Durante a campaña 2018, as solicitudes PAC realizadas en Galiza foron un total de 28.387, de aí a importancia destas políticas tanto a día de hoxe, como no futuro mais próximo.

Para conseguir esa postura común, hai que convocar a todas as organizacións profesionais presentes a día de hoxe no sector agrogandeiro galego. Do contrario será imposible chegar a unha postura común, debido a que houbo organizacións profesionais agrarias, como é o caso de FRUGA que non foron convocadas.

Non entendemos moi ben cales foron os criterios que tivo en conta a Consellería do Medio Rural para levar adiante esta convocatoria, xa que se convocaron organizacións con presenza no Consello Agrario Galego, e outras organizacións que non forman parte dese organismo, como é o caso de Asaja Galicia, que si foi convocada para esta reunión. Estamos a falar neste caso dunha organización próxima o Partido Popular, que non se presentou nin as eleccións do ano 2002, nin ás últimas convocatorias de Consellos Reguladores, e que segundo as nosas informacións non ten presencia legal na Galiza.

Desde FRUGA esixímoslle á Consellería do Medio Rural, que conte con todas as organizacións agrarias presentes na Galiza, e que non se deixe levar por criterios partidistas.

Por outra parte as últimas eleccións agrarias tiveran lugar o ano 2002 e desde aquela xa pasaron 16 anos. Nos últimos tempos houbo convocatorias electorais a Consellos Reguladores, e o mapa que saíu deses procesos electorais é totalmente distinto.

Se realmente a xunta de Galicia quere conseguir unha fronte común ante a nova reforma a PAC, o primeiro que ten facer, é convocar a tódalas organizacións agrarias con presenza no agro galego, como é o caso de FRUGA. Do contrario nunca poderá falar dunha postura común debido a ausencia de organizacións representativas do agro galego. Dende a Federación Rural Galega, exixímoslle á Xunta de Galiza que nas futuras xuntanzas sobre este tema, conte con todas as organizacións representativas do agro galego.