A Asociación Galega de Viticultura – AGV organiza o próximo sábado día 26 de xaneiro a xornada de debate e análise que terá por título: A viticultura galega ante a encrucillada do 2030 a celebrar no Pazo da Cultura da cidade de Ponte-Vedra.
Así mesmo este mesmo día terá lugar no primeiro andar do Mercado de abastos un Túnel de viño organizado pola AGV. A entrada será gratuíta e alí poderanse degustar viños galegos procedentes de todas as zonas protexidas e outras elaboracións singulares. Este Túnel de viño rexeráse de acordo ao seguinte horario: de 12:00H a 14:30H en horario de mañá e de 17:00H a 21:00H en horario de tarde.
Sendo o programa da xornada o seguinte:
-
9h45 Apertura da xornada
Xurxo Álvarez, Presidente da Federación Rural Galega – FRUGA.
-
10h00 Castes autóctonas e híbridos
Riscos e oportunidades para as castes autóctonas galegas fronte á situación de futuro creada no cultivo da vide coa proposta da Comisión Europea de modificar a lexislación vixente para permitir que as DO poidan elaborar viño a partir de híbridos entre variedades vitis vinífera e outras vitis.
Poñentes: María del Carmen Martínez, Directora do Grupo de Viticultura na Misión Biolóxica de Galicia (CSIC); Francisco Rego. Técnico retirado da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA); Xosé Manuel Vilas. Enxeñeiro Agrónomo. Membro da AGV.
-
10h45 As novas elaboracións e a súa integración nas zonas protexidas
A evolución do mercado do viño, a aparición de novos gustos nos consumidores e a incorporación de xente nova á elaboración leva a que se estean desenvolvendo elaboracións novidosas e tradicionais, tanto na fórmula como con castes non desenvolvidas economicamente na actualidade, fai necesario abrir o debate sobre as potencialidades da incorporación destes novas elaboracións nos pregos de prescricións nas zonas protexidas (DO e IXP).
Poñentes: Joaquín Sánchez. Responsable da Adega Alan de Val (DO Valdeorras), e presidente da Ruta do Viño de Valdeorras; Roberto Regal. Enólogo e responsable da adega Roberto Regal López (DO Ribeira Sacra); José Crusat. Responsable na adega Entre os Ríos (IXP Barbanza e Iria).
-
11h30 Descanso
-
11h50 As DO e as IXP galegas perante os retos do 2030
Retos das zonas protexidas (DO e IXP) fronte á proposta da Comisión Europea de modificacións na lexislación vixente (cambios na definición das DDOO, creación de categorías de viños desalcoholizados, teitos no potencial produtivo, etc), e a modificación da PAC coa liberalización das plantacións para o ano 2030.
Poñentes: Ramón Huidobro. Secretario Xeral da DO Rías Baixas.; Jose Luís García Pando. Presidente do CR da DO Valdeorras, e responsable da adega Adega o Casal, S.A.T.; Xosé Antonio Meixide. Profesor e Xefe de Explotación no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (CFEA). Impulsor da IXP Terra de Betanzos; Xosé Manuel Puga. Técnico en Desenvolvemento Rural no GDR 10 Limia-Arnoia.
-
13h20 Peche da Xornada
Roberto Rivas, Presidente da Asociación Galega de Viticultura – AGV. Socio da Cooperativa Moraima (DO Rías Baixas).
-
14h00 Xantar
Ao remate da xornada terá lugar un xantar no Pazo da Cultura. O prezo será de 15,00 euros para todas as persoas que queiran participar, para o que se fai imprescindíbel anotarse previamente no enderezo electrónico: frugaagv@gmail.com ou nos teléfonos: 618.87.82.81 / 610.59.21.41, sendo a data tope o día 23 de xaneiro.