Xornada de traballo: A fauna silvestre e o mundo rural galego na actualidade.

A xornada terá lugar o próximo día 30 de marzo, sabado, a partir das 10h30 no Casino do Carballiño, Rúa Prinicipal do Carballiño e contará coa participación de:

  • Antonio García Reinoso, presidente da Federación ourensana de caza: “TECORES e caza”.
  • Xosé Salvadores Cobas, membro da asociación ecoloxista ADEGA: “Convivencia fauna silvestre e actividade agraria e pecuaria”.
  • Marco Antonio Reboredo Blanco, técnico de medio ambiente: “Contexto socioeconómico da caza”.
  • Fran Ulloa, veternario: “Fauna silvestre e transmisión de enfermidades”.
  • Gabriel Lôpez Garcia, agricultor inscrito no CRAEGA, e membro da dirección da FRUGA.

Por volta do ano 2013 a Federación Rural Galega – FRUGA celebrou unha reunión de traballo en Lugo á que asistiran representantes dos distintos sectores que habitan e teñen que ver co mundo rural galego, contando coa presencia de representantes do sector produtor agrario e gandeiro, persoal veterinario, de medio ambiente e representantes dos TECORES.

Naquela xornada xa se analizaba que o campo galego estaba sufrindo, cada vez máis intensamente, danos ocasionados pola fauna silvestre, cunha incidencia enorme non caso do xabarín. Tamén se constataba que estes danos viñan a se producir nun contexto dunha situación económica terrible (crise do capitalismo iniciada no 2008) e que tiña unha repercusión específica nas explotacións agrarias e no mundo rural por extensión.

O diagnostico partía de facer unha especial mención, como causa do problema, no abandono do campo o que implica a desestruturación e o desorde do medio rural, froito de políticas erróneas, mais ben habería que dicir que planificadas por parte dos goberno do Partido Popular (PP). Dicíamos, expresamente, que para FRUGA existe unha relación directa entre a situación de abandono do noso medio rural e o aumento dos danos causados pola fauna silvestre.

Como resultado do mesmo elaboraranse as seguintes propostas:

  • Asunción por parte da Xunta da súa responsabilidade e competencia no problema asociado aos danos causados pola fauna silvestre (xabarín, lobos, corzos, corvos, et.)
  • Elaborar un estudo rigoroso que determine o censo e distribución da fauna silvestre e os seus danos, e a partir del, desenvolver un Plano de Xestión Integral con medidas efectivas de prevención e control do censo.
  • Habilitar, de xeito urxente, un fondo de compensación de danos.
  • Establecer medidas de apoio á actividade agraria e de desenvolvemento rural que axuden a ordenar a actividade agraria e o territorio co fin de moderar os danos.

Para dar a coñecer todas estas medidas a FRUGA estivo a levar a cabo unha campaña de asembleas informativas pelas parroquias do País, de visitas ás feiras para recoller sinaturas de apoio a estas propostas para despois facerllas chegar á Xunta de Galiza.

Transcorridos mais de cinco anos desde que a FRUGA elaborou estas propostas as cousa teñen mudado desde aquela, mas para peor; o abandono do rural é maior e os efectos da actividade da fauna silvestre tense acrecentado.

Por todo isto desde a Federación Rural Galega – FRUGA convocamos unha XORNADA DE TRABALLO para de novo voltar sobre este asunto co fin de analizar a situación actual, a súa evolución e a actualización das alternativas propostas.

Xornadas que terán lugar o próximo día 30 de marzo, sábado, a partir das 10h30 no Casino do Carballiño, Rúa Principal do Carballiño e contará coa participación de:

  • Antonio García Reinoso, presidente da Federación Ourensan de Caza: “TECORES e caza”
  • Xosé Salvadores Cobas, membro da asociación ecoloxista ADEGA: “Convivencia fauna silvestre e actividade agraria e pecuaria”
  • Marco Antonio Reboredo López, técnico de medio ambiente: “Contexto socioeconómico da caza”
  • Fran Ulloa, veterinario: “Fauna silvestre e transmisión de enfermidades”
  • Gabriel Lôpez Garcia, agricultor inscrito no CRAEGA, e membro da dirección da FRUGA

A Xornada consistirá nunha primeira intervención de aproximadamente 10 minutos por parte dos participantes con unha exposición, desde o seu punto de vista, das tres cuestións: situación actual, evolución e propostas.

Terminado o quenda de intervencións a xornada constituirase en asemblea deliberativa co fin de elaborar a proposta que defendera a Federación Rural Galega – FRUGA perante da sociedade galega e que se lle fará chegar á administración galega.

Ao final da Xornada, por volta das 14h00, terá lugar un xantar para quen queira ficar, para o que é necesario anotarse antes do día 27 de marzo. O prezo do mesmo e o lugar onde terá lugar comunicaranse oportunamente.

Para anotarse chamar aos seguintes números de telefono:

636 549 853 e 981 55 81 72