Para Elías este grupo ten de servir para tratar todos os temas sensíbeis que nos afectan, como o dos prezos pagos ao sector produtor ou a mobilidade da terra, entre outros.
Lugo, 8 de abril de 2019. FRUGA ven de participar na primeira xuntanza do grupo de Estratexia de dinamización do sector lácteo galego, constituído o pasado día 5 de Abril na Escola de Sergude. Neste grupo están representados o sector produtor, a través de sindicatos e cooperativas, e por outra banda, as empresas e a distribución.
A produción de leite na Galiza, ten un especial significado, estamos a falar de preto do 40% do total do leite do estado, e o mesmo tempo ocupamos o noveno lugar entre as rexións leiteiras da UE, no que se refire a volume de produción. A día de hoxe 7477 gandarías galegas teñen como actividade a produción láctea.
Actualmente a produción de leite en Galiza, comporta os prezos mais baixos do Estado, e dos mais baixos da Unión Europea. As explotacións galegas están a soportar uns prezos moi por debaixo dos prezos de custe, o cal dificulta a viabilidade de moitas gandarías, e o mesmo tempo o abandono constante e continuo, con importantes dificultades para que exista un relevo xeracional capaz de dinamizar este sector.
Nos últimos anos os gandeiros e gandeiras galegos, realizaron importantes labores de modernización nas súas explotacións, tanto no que respecta a mellora das instalacións, como en mellora xenética, como en mellora de calidade do leite, o cal supuxo importantes inversións e en moitos casos unha elevada débeda que a día de hoxe están a soportar.
O déficit de superficie agraria útil, é un dos problemas que afecta a este sector. Actualmente están a saír o mercado novas marcas de leite, baseadas en prácticas ecolóxicas, ou ben en prácticas de pastoreo, para as cales dispoñer de terreo agrícola é básico. Tendo en conta ademais que o abaratamento dos custos de produción, é un factor básico de cara a conseguir aumentar os ingresos netos das gandarías galegas.
A distribución adapta os prezos os seus intereses, impoñendo as baixadas oportunas por razóns comerciais, pero sempre conseguindo beneficios, a industria adapta os prezos os intereses da distribución, sen soportar ningún tipo de perdas. Estas baixadas de prezos son transferidas os gandeiros e gandeiras, sen poder negociar o prezo en ningún momento, soamente teñen opción de asignar un contrato imposto de forma unilateral pola industria sen poder participar para nada na súa negociación.
FRUGA considera que todos estes temas teñen que ser tratados neste grupo de traballo, e o mesmo tempo a administración será a última responsable na aplicación de medidas que volvan ilusionar os gandeiros e gandeiras galegas. Polo tanto vamos a participar nas xuntanzas oportunas co fin de aportar as nosas iniciativas destinadas a conseguir unhas condicións dignas para as explotacións lácteas galegas.