Galiza, 31 de Xullo de 2019.- No DOG do 30 de xullo vén de publicarse a Orde do 12 de xullo de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal e se convocan para este mesmo ano 2019. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de agosto do 2.019.
Poderán acollerse a estas axudas as persoas titulares de explotacións agrícolas, entendendo como tales aqueles que exercen a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civil, social e fiscal que poidan derivar da xestión da explotación, inscritos no REAGA, con orientación técnica económica principal en:
1. Horticultura ao aire libre
a) Hortalizas ao aire libre
b) Flores e plantas ornamentais ao aire libre
c) Cultivos mixtos ao aire libre
2. Horticultura en invernadoiro
a) Hortalizas en invernadoiro
b) Flores e plantas ornamentais en invernadoiro
c) Cultivos mixtos en invernadoiro
3. Horticultura e cultivos diversos
a) Cogomelos, champiñóns e outros fungos cultivados
b) Viveiros vitícolas
c) Viveiros de árbores e arbustos froiteiros (agás castiñeiros e nogueiras)
d) Viveiros de planta ornamental
4. Cultivos leñosos
a) Froiteiras (agás castiñeiros e nogueiras)
b) Oliveiral
5. Sementes e plántula de hortalizas
6. Pataca
Estas axudas teñen como finalidade incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización e o importe da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
-
10 % no caso de agricultores mozos beneficiarios da convocatoria 2018 da axuda á incorporación de mozos establecida no artigo 19.1.a).i do Regulamento (UE) nº 1305/2013 ou beneficiarios desa mesma axuda nos cinco anos anteriores. Neste último caso, os solicitantes deben cumprir todos os requisitos da definición de agricultor mozo prevista no Regulamento (UE) nº 1305/2013, incluído o requisito de idade. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, polo menos o 50 % das persoas socias deberán ser mozos que se instalen ou se instalasen durante eses últimos cinco anos.
-
5 % en investimentos colectivos, cando o beneficiario proceda dunha fusión de explotacións.
-
5 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas, segundo o establecido no artigo 32 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.
-
5 % no caso de operacións subvencionadas no marco da Axencia Europea da Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola.
-
10 % no caso de investimentos en agricultura ecolóxica.