Curso formativo PRODUCIÓN DE LEITE EN BASE A PASTOREO

O 18 de setembro de 2020 celebrarase na Casa da Cultura de Sarria realizarase un curso formativo sobre a produción de leite en base a pastoreo.

Este curso está dentro do Plan de Formación ao Agro Galego promovido pola AGACAL e está dirixido a gandeiras e gandeiros en activo e persoal empregado no sector primario por conta allea.

O obxectivo é formar ás gandeiras e gandeiros na produción de leite en base ao pastoreo, e a recuperación de terras para o pastoreo., xa que na situación do mercado dos alimentos, para as persoas produtoras, faise necesaria a obtención de produtos que teñan un plus de valor engadido e destaquen polas súas características e calidade.

No programa abordaranse distintos aspectos do aproveitamento da produción de leite en base a pastoreo.

  • Demanda e tendencias de mercado con respecto ao leite de pastoreo

  • As condicións das parcelas

  • As vantaxes para as pequenas explotacións lácteas

  • A problemática na produción

  • Regulamentación deste tipo de producións

Para máis información e inscrición pódese contactar no teléfono 886 203 360, o no correo electrónico xanbau@gmail.com

No seguinte enderezo web pódense buscar máis accións formativas deste programa.

https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas