Plan de Formación ao Agro Galego. Código acción: FC2020F127210
O día 26 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00, celebrarase na Casa da Cultura Olga Novo (A Pobra do Brollón) un curso formativo sobre os aproveitamentos da biomasa residual das masas forestais.
Este curso está dentro do Plan de Formación ao Agro Galego, promovido pola AGACAL, e ten como obxectivo formar aos titulares de parcelas forestais, persoas comuneiras de montes en man común, e persoal de empresas agroforestais nas posibilidades do aproveitamento na xestión da biomasa residual nas masas forestais
Ao longo da acción formativa abordaranse as distintas alternativas, e posibilidades, de aproveitamento dos restos resultantes dos traballos de silvicultura, realizados nas masas forestais durante o proceso da súa explotación.
O aproveitamento da biomasa residual das explotacións forestais contribúe a un maior aproveitamento do das masas forestais, e polo tanto a unha xestión máis rendible, eficaz e sostible dos recursos territoriais.
As vantaxes dese aproveitamento non só son económicas para os titulares das parcelas forestais, senón que xera vantaxes sociais (como é a creación de emprego e riqueza no territorio) e medioambientais (como é a mellora da xestión forestal e a prevención de incendios forestais).
Para máis información e inscrición pódese contactar no teléfono 886 203 360, o no correo electrónico xanbau@gmail.com
No seguinte enderezo web pódense buscar máis accións formativas deste programa.
https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas