Plan de Formación ao Agro Galego. Código acción: FC2020F136042
Os días 25 e 26 de setembro celebrarase no Centro Cultural As Pedriñas (Tameiga-Mos) e no MVMC de Coiro (Cangas do Morrazo) un curso formativo sobre o resinado como un valor para outro aproveitamento das masas forestais dos montes veciñais en man común.
Este curso está dentro do Plan de Formación ao Agro Galego, promovido pola AGACAL, e ten como obxectivo formar ás persoas titulares de montes en man común, e aos traballadores do sector agroforestal, na necesidade de diversificación do aproveitamento e xestión das masas forestais de xestión comunal, e as súas posibilidades.
A acción formativa constará dun taller temático en aula de 4 horas de duración, seguido dunha visita práctica ao MVMC de Coiro, en Cangas do Morrazo, onde se está realizando un aproveitamento mediante resinado. A visita terá unha duración de 4 horas.
Abordaranse aspectos que van dende a introdución á resina (propiedades, materiais obtidos, especies resineiras, etc.), as especies interesantes para a resinación, os diferentes métodos de resinación e as característicos silvícolas da explotación resineira.
Para máis información e inscrición pódese contactar no teléfono 886 203 360, o no correo electrónico xanbau@gmail.com
No seguinte enderezo web pódense buscar máis accións formativas deste programa.
https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas