Curso formativo CONTRIBUCIÓN DAS MASAS FORESTAIS, E SOTOBOSQUE, Á LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO. A CAPTURA DE CO2.

Plan de Formación ao Agro Galego. Código acción: FC2020F127211

O día 9 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00, celebrarase no Salón de Actos de A Fonsagrada (Lugo) un curso formativo sobre a contribución das masas forestais, incluíndo o seu sotobosque, na loita contra o cambio climático coma sumidoiros de CO2 e súa xestión no mantemento de habitats e defensa contra os lumes forestais.

Este curso está dentro do Plan de Formación ao Agro Galego, promovido pola AGACAL, e ten como obxectivo formar ás persoas titulares do sector agrogandeiro e ás titulares de parcelas forestais, persoas comuneiras de montes en man común, e persoal de empresas agroforestais nas posibilidades do aproveitamento das masas forestais como sumidoiros de CO2.

Ao longo da acción formativa abordaranse distintos aspectos do papel das masas boscosas na captura de CO2. Dende o cambio climático, os gases de efecto invernadoiro e a Pegada de Carbono, até desenvolver o papel dos sumidoiros de CO2.

Partindo do papel das masas forestais como sumidoiro natural de CO2, dada a súa capacidade de absorber o carbono da atmosfera e contribuír a reducir a cantidade de CO2 no aire, desenvolverase o papel do sumidoiro de CO2 como un Servizo Ecosistémico e complemento económico para os titulares de parcela forestais.

Trataranse tamén os requisitos para crear un sumidoiro de CO2, a documentación e o proceso de inscrición. Así como o Mercado Voluntario.

As vantaxes dese aproveitamento non só son económicas para os titulares das parcelas forestais, senón que xera vantaxes sociais (como é a creación de emprego e riqueza no territorio) e medioambientais (como é a mellora da xestión forestal e a prevención de incendios forestais).

Para máis información e inscrición pódese contactar no teléfono 886 203 360, o no correo electrónico xanbau@gmail.com

No seguinte enderezo web pódense buscar máis accións formativas deste programa

https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas