A Consellería de Medio Ambiente aínda non pago os danos do xabarín do ano 2020

Na FRUGA estamos a recibir denuncias de danos causado polo corzo en zonas de viñedo con Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas.

Cenlle, 14 de maio de 2021. Desde a Federación Rural Galega – FRUGA queremos denunciar que a Consellería de Medio Ambiente aínda non pagou os danos provocados polo xabarín correspondente ao 2020 ás explotacións agro-gandeiras e que tantos prexuízos está provocando nas economía e funcionamento das explotacións agrarias.

Son moitos os labregos e labregas que nos están transmitindo esta situación e por eso, proximamente imos realizar un escrito dirixido a Consellería de Medio Ambiente para que cumpra cos compromisos adquiridos.

Por outra parte desde a Asociación Galega de Viticultura – AGV, integrada na Federación Rural Galega – FRUGA, a maiores tamén se está a constatar un acrecentamento de danos provocados polos corzos nas zonas de viñedo situados en zonas con Denominación de Orixe e de Indicacións Xeográficas Protexidas, durante os meses de abril e de maio, motivo polo que nese mesmo escrito temos intención de demandar desta consellería que se amplíen as axudas polos danos causadas pola fauna silvestre ao corzo.

Ultimamente veñen sendo numerosas as queixas de viticultores e viticultoras polos danos causados nas súas viñas como consecuencia da presencia de corzos nos seus cultivos. Neste sentido está-se observando como os danos desta especie están aumentando de xeito exponencial nos viñedos, principalmente na provincia de Ourense, tendo especial incidencia nos meses de marzo, abril e maio por ser os meses nos que se produce a floración e brotación, proceso coñecido como a esfarna das vides, polo que os follatos das vides están mais tenros polo que son mais apetecíbeis para o corzo, ocasionando deste xeito grandes perdas na produción de uva. Pola nosa experiencia e polo que nos transmiten as persoas profesionais do sector os danos causado pro esta especie a partires do mes de xuño descenden drasticamente e os danos redúcense considerabelmente.